R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

09/07/2017 | News release | Distributed by Public on 09/07/2017 05:49

crea R no Pont-Up de Pontevedra

Ola a [email protected]

crea Rchega a Pontevedra, concretamente ao espazo de emprendemento Pont-Up, para que os máis pequenos desfruten e aprendan.

crea Ré un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son talleres que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Robótica

A actividade desenvolverase o sábado 23 de setembro, cun taller de robótica.

Os nenos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o seu espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Horarios

Estes son os horarios dos obradoiros:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, así que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda R
de Pontevedra, en cálea Frei Juan Navarrete, 2. Alí xa che entregamos as invitacións. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 986.104.481.

Tes de prazo ata o 22 de setembro para reservar a túa praza, aínda que poida que as entradas se esgoten antes .

Un saúdo.