Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/13/2017 | News release | Distributed by Public on 07/13/2017 04:23

Estrea da 7ª tempada de ‘Juego de Tronos’ no dial 31 da televisión R

Só hai unha guerra que importa, a gran guerra. E xa está aquí. Este é o principio do final. Movistar Series XTRA (dial 31) estrea a sétima tempada de 'Juego de Tronos' na madrugada do domingo 16 ao luns 17 de xullo, estrea simultánea a EEUU en VOS. A versión dobrada emítese o luns ás 00:00 h.

Apoiada polos seus tres dragóns e un enorme exército de fieis 'dothrakis', Daenerys Targaryen cruza ao fin o Mar Angosto cara a Poniente na compaña de Tyrion e Varys para recuperar o que é seu por dereito. Pero as consecuencias da súa chegada poderían ser impredicibles.

Mentres tanto, Cersei Lannister impón o seu mandato nos Siete Reinos dende o Trono de Hierro, allea ás conspiracións dos Martell e os Tyrell, aínda sedentos de vinganza. Tras o anuncio do inverno coa chegada do corvo branco de Antigua, Jon e Sansa permanecen alerta no Norte, conscentes da ameaza que se aproxima máis aló do Muro, cando son probablemente os únicos capaces de mobilizar Poniente para opoñer resistencia ao exército do Rey de la Noche.

A serie máis recoñecida por público e crítica

Ao longo das súas sete tempadas, 'Juego de Tronos' converteuse no maior fenómeno fan da televisión actual. Cun total de 38 Emmys, é xa a serie máis premiada da televisión. Na última edición dos Emmy, foi recoñecida como Mellor serie Dramática por segundo ano consecutivo.

Esta tempada supón o principio da recta final: esta vez, só sete episodios que precederán ao esperado final da serie en 2018, con outras sete partes. El Rey de la Noche e o seu exército de Caminantes Blancos cobran especial protagonismo nos novos episodios.

Na nova tempada, España volve ser escenario da serie con localizacións en Praia de Muriola (Barrika), San Juan de Gaztelugatxe (Bermeo), Praia de Zumaia (Zumaia), Sevilla, Santiponce (Sevilla), Almodóvar del Río (Córdoba), Cáceres e Malpartida de Cáceres (Cáceres).