Results

Ayuntamiento de Ourense

07/03/2020 | News release | Distributed by Public on 07/03/2020 05:07

Xa está en marcha a campaña de agasallo de libros

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Cultura, Mario González, visitaron esta mañá a libraría Nobel para supervisar a campaña 'Un libro desconfina a túa imaxinación', coa que o Concello agasalla cun libro a todos os ourensáns nacidos entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016.

O alcalde afirma que esta campaña é para a rapazada 'un premio ao bo comportamento durante o confinamento', e que compre con estes obxectivos: o fomento da lectura, o acceso universal aos libros e o apoio ao comercio local. Durante a visita, o alcalde anunciou que en só dous días, o 18% da poboación á que vai destinada a campaña xa pasou por unha libraría a recoller o seu libro.

Ademais, afirmou Pérez Jácome, esta campaña é 'un anticipo do bono cultural do futuro', de forma que cada un poida escoller a cultura que quere.