Results

Ayuntamiento de Ourense

07/01/2020 | News release | Distributed by Public on 07/01/2020 05:17

Os guías turísticos profesionais reivindican a súa actividade

A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia reivindicou esta mañá a figura do guía 'profesional, oficial, preparado e responsable coa súa contorna e cos seus habitantes', nun acto na Praza Maior ao que asistiron a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure e o vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Fernández. Coa mensaxe 'Os guías de turismo tamén volvemos', organizaron esta actividade no día de hoxe en diferentes cidades aproveitando que case todos os monumentos abren as súas portas e que a apertura das nosas fronteiras volve a colocar a Galicia no destino dos turistas.

A concelleira de Turismo expresou o apoio do Concello a este colectivo e un sector que, dixo 'sufriu esta crise dunha maneira terrible, pero nos consta que leva meses preparándose con formación e con medidas de hixiene para afrontar esta nova etapa', desexándolles 'unha marabillosa etapa de reinicio da súa actividade'.