R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

01/02/2018 | News release | Distributed by Public on 01/02/2018 09:10

Regalamos 13 entradas dobres para o Obradoiro – Delteco GBC

Volve a intensidade, a rapidez, os saltos e as xogadas imposibles dunha das mellores ligas de baloncesto a nivel mundial, a liga Endesa de Baloncesto (ACB).

E volve tamén un equipo galego, o Monbus Obradoiro, a facernos gozar un ano máis da elite do básquet nacional.

O mellor baloncesto

Dende Santiago de Compostela poderemos gozar dalgúns dos grandes encontros, con xogadores moi coñecidos.

Como en Rgústanos coidar a clientes como ti e ter detalles para premiar a túa confianza, queremos que vivas en directo os partidos do Obradoiro. Por ese motivo regalamos 13 entradas dobres (oito delas nunha zonaVIP, a pé de pista, e outras cinco na bancada) para gozar o sábado 13 de xaneiro ás 20:00h, do encontro contra o Club: Delteco GBC (Gipuzkoa Basket).

Ademais, a partir de agora tres dos gañadores terán a honra de ir co seu fillo, afillado, sobriño… a facer o corredor de entrada dos xogadores. Mola ou non?

Como participar?

Para participar tes que enviarnos un correo a [email protected] indicando co asunto:

  • Obradoiro - Delteco GBC Pasillo: se vas acompañado dun menor de entre 4 e 15 anos e queres que estea no pasillo de benvida aos xogadores do Obradoiro.
  • Obradoiro - Delteco GBC: se simplemente queres desfrutar do encontro.

E contarnos por que ten que ser para ti unha das entradas dobres para ir ver ao Obra?. Lembra indicar os datos do titular do contrato con R, xa que é unha das premisas básicas para participar. Aquí tes as bases legais.

Tes ata o xoves de 11 de xaneiros 12:00 horas para participar.