R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/04/2018 | News release | Distributed by Public on 10/04/2018 03:52

Entradas para o Obradoiro – Valencia

En Restamos comprometidos co baloncesto galego, e agora precisámoste a ti para animar o Obradoiro con toda a túa ilusión.

Se che gusta o baloncesto e adoras a bancada do Sar, sigue lendo, porque isto interésache!

Temos cinco entradas en tribuna e oito en pista, tres delas con corredor de benvida a xogadores para que os pequenos reciban o equipo.

Nesta ocasión o Obradoiro enfróntase ao Valencia Basket Club! E vai a ser un partidazo garantido, así que sabes que non o podes perder, non si?

Para os nenos

Os nenos que opten á opción con corredor de benvida a xogadores poderán recibir o equipo no saúdo aos xogadores previo ao partido.

Pode participar calquera neno entre os 5 e os 14 anos. Ademais recibirán unha camiseta para recordar un día tan especial.

Como participar

Para participar só tes que responder a pregunta que facemos neste formulario. Non esquezas botarlle un ollo ás bases legais. E lembra que tes ata o martes 9 de outubro para participar.

Os gañadores serán publicados no blog cando queden resoltas todas as prazas. Se resultas gañador recibirás un correo electrónico con toda a información.

Moita sorte!