Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/02/2018 | News release | Distributed by Public on 07/02/2018 06:19

Melloramos e ampliamos os contidos infantís na televisión R

Boas. Hoxe temos unha noticia moi interesante que contarche con respecto á televisión R. Por unha banda, damos a benvida a novas canles infantís. E, doutra banda, os clientes con tv festa e tv familia van incluír máis contidos para os máis pequenos. Por suposto, todo de forma automática, e sen afectar o prezo

Nick Jr.

A primeira canle que incorporamos é Nick Jr. Trátase dunha canle onde a diversión e a educación están aseguradas. Estará dispoñible para tv festa e tv familia e os pequenos da casa poderano atopar no dial 150.

Que contidos ofrece? Series como A Patrulla Canina, Blaze e os Monster Machines, Shimmer e Shine, Doura a Exploradora, Top Wing, Sunny Day ou Kiva Pode.

Baby TV

Outra nova canle ao que damos a benvida á grella de televisión R é Baby TV, a única canle producida para bebés. Ofrece programas únicos e orixinais que foron creados por expertos en infancia.

Apúntache o dial: 153. Aínda que tamén terás dispoñible o seu contido en rebobina. Poderalo gozar se tes contratada a opción nenos ou festa rachada.

Máis canles en tv festa e tv familia

A outra novidade desta mellora que, como dicimos, é automática, é a inclusión nos paquetes tv festa e tv familia de máis canles infantís.

En concreto, se es un cliente cun destes paquetes pasas a contar con Nickelodeon e Disney Junior, que eran exclusivos da opción nenos ou de festa rachada.

A estas canles témoslle que sumar tamén Nick Jr, polo que, se tes fillos, vaite esquecendo do mando porque agora terán tres novas canles á súa disposición.

Esperamos que che gusten estas novidades (aínda que haberá máis en breve). De novo, con calquera dúbida, por aquí estamos