R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/08/2018 | News release | Distributed by Public on 10/08/2018 09:06

Digitalent: formando a adultos e nenos en novas tecnoloxías

Ola. En Restamos comprometidos coa tecnoloxía e cos nosos clientes. Por iso cremos que non só é fundamental fomentar a imaxinación dos máis pequenos e formalos para que aprendan mentres se divirten, senón tamén que os adultos teñamos información sobre o uso de internet e os móbiles.

É por iso que percorremos diferentes localidades de toda Galicia ofrecendo talleres para uns e para outros.

Robótica

No caso dos máis pequenos, organizamos obradoiros gratuítos de robótica. En crea Rpoden participar cativos entre 9 e 13 anos.

A idea é que programen e deseñen un pequeno robot, que deixen voar a súa imaxinación mentres traballan dunha forma divertida e que todo isto o fagan xunto a outros nenos.

Información

Como nai, avó, titora ou padriño dun neno, de seguro que máis dunha vez te preguntaches se estará demasiado tempo no ordenador ou se ao entrar nas redes sociais o expoñemos a algún perigo. Por iso organizamos os talleres gratuítos nativos R.

Do que se trata é de coñecer cando se fai un bo uso de internet, das redes sociais e dos móbiles. Estará impartida por expertos que darán as claves sobre como e canto usar as novas tecnoloxías.

Datas de nativos R:

  • Silleda: 13 de outubro
  • Verín: 24 de outubro.
  • Cee: 9 de novembro.
  • O Carballiño: 17 de novembro.
  • A Guarda: 14 de decembro.
  • Sarria: data pendente.

Datas de crea R:

  • Baiona: 6 de outubro (realizado)
  • Silleda: 13 de outubro.
  • Ribadeo 20 de outubro
  • Tui: 27 de outubro
  • Caldas de Reis: 3 de novembro
  • O Porriño: 10 de novembro
  • Santa Comba: 24 de novembro

Como apuntarse

Fica atento a blog.mundo-r.com porque uns 10 días antes de cada charla ou obradoiro sacaremos información específica de cada concello, indicándoche como tes que facer para conseguir as túas entradas gratuítas.

Un saúdo!