R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/16/2024 | Press release | Distributed by Public on 04/16/2024 01:56

Apagado de ADSL en Galicia: que podo facer

Se vives en Galicia e tes unha conexión de Internet a través de ADSL, como sabes, vaiche afectar o apagado de centrais de cobre. É dicir, que ese pequeno cable que chega ata o teu domicilio para darche banda ancha vai deixar de funcionar.

Estímase que en Galicia hai uns 100.000 clientes con ADSL. Desa forma, deben procurar unha alternativa para poder seguir gozando da Internet na súa casa. Pero, que alternativas teñen?

Fibra rural

A maior parte dos usuarios con ADSL en Galicia viven no rural. Debido á dispersión xeográfica que sufrimos e tamén aos problemas coa nosa orografía, o ADSL é unha tecnoloxía que permitía chegar a moitos lugares cun menor investimento. De feito, o cable de cobre no seu día era usado sobre todo para chamar por teléfono fixo. E, máis tarde, usouse para ofrecer o servizo de Internet.

Pero o ADSL quedou obsoleto porque ofrece menos ancho de banda e sofre máis co mal tempo. Por iso, a solución ideal no caso de que apaguen o teu servizo de ADSL en Galicia é a fibra.

Cobertura de fibra no rural galego

Moitos núcleos rurais e aldeas de Galicia xa contan con fibra óptica despregada. Nese sentido, R é operador con maior cobertura de fibra dispoñible na nosa comunidade. Agora mesmo pode ofrecer servizo de Internet por fibra a case 1,7 millóns de vivendas e negocios galegos.

Consulta aquí a cobertura de fibra rural en Galicia.

Internet 5G ilimitado onde non hai fibra en Galicia

A seguinte pregunta sería, que facer se á miña casa non chega a fibra? A alternativa máis interesante, en canto a servizo, cobertura e facilidade é o Internet rural 5G ilimitado.

En R contan xa con miles de clientes con este servizo e a valoración é moi positiva.

Valoración moi positiva do Internet rural 5G ilimitado

A experiencia dos clientes do rural galego con Internet 5G demostra que este servizo é unha alternativa coa que melloran o servizo porque:

• No 70% dos casos a calidade do servizo de Internet mellora con respecto ao operador anterior

• Fronte a unha nota 4,54, os usuarios agora valoran o servizo cun 7,48

• Os usuarios destacan que teñen menos cortes e máis velocidade

• Fronte aos 12 Mbps máximo do ADSL, os usuarios deste servizo navegan a máis de 100 megas

Vantaxes de Internet 5G ilimitada fronte ao ADSL

As principais vantaxes do servizo de Internet 5G fronte ao ADSL son as seguintes:

Fácil instalación: non é necesario que vaia un técnico ao domicilio do usuario e poña cables. En 24 horas envíase un router 5G ao usuario, conéctao e xa está a funcionar

Boa cobertura: o servizo ofrécese a través de conexión móbil, de modo que o 98% da poboación galega xa conta con cobertura 4G e o 89% xa ten 5G

Máis velocidade: o servizo, segundo a cobertura do usuario, permite navegar ata 600 megas

Baixa latencia: moitos usuarios, para xogar en liña ou para outras aplicacións, demandan unha baixa latencia. Neste servizo a latencia media é de 29 ms, fronte aos máis de 100 ms do ADSL

Seguridade: o equipo conta cun protocolo de seguridade WPA3, fronte ao WAP2 do ADSL

Mellor wifi: doutra banda, o equipamento tamén conta con wifi 6, o wifi máis avanzado, que permite conectar ata 32 dispositivos ao mesmo tempo

Prezos e como contratar Internet no rural galego

Una das preguntas habituais é se existe algún tipo de limitación en canto a datos descargados e a resposta é que non. É unha conexión de Internet pensada para un usuario tipo, para que navegue e acceda a calquera servizo con normalidade.

Todos aqueles que necesiten unha alternativa para poder navegar por Internet na súa casa, poden consultar os prezos e como contratar na páxina web de R.