R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/30/2018 | News release | Distributed by Public on 07/30/2018 04:47

La Voz de Galicia, no teu deco 4K

Ola. Como sabes, o noso deco 4K ten múltiples posibilidades, xa que converte o teu televisor nunha smart TV, permitíndoche acceder a miles de aplicacións como Netflix ou Youtube. Pero tamén a contido de interese preto de ti, como o que che ofrece La Voz de Galicia.

De feito, podes acceder dende xa á aplicación de La Voz de Galicia no teu televisor. Só tes que ir a menú > apps e poderala encontrar como unha das destacadas. A otra opción é acceder ás aaplicacións do Google Play de Android TV dende o botón da 'casa'.

Desenvolvida para televisión

A aplicación, desenvolvida entre La Voz de Galicia e R, é específica para Android TV. Non se trata da mesma app que podes consultar no teu móbil ou tablet, senón que é diferente.

Ao estar pensada para unha contorna audiovisual, ofréceche os vídeos de actualidade máis interesantes, pero sempre desde a perspectiva dos usuarios de Galicia.

Moitos contidos

Tes á túa disposición varias seccións nas que informarte de forma directa e sinxela dos temas que elixas. Se che gusta o fútbol, por exemplo, tamén contas con contidos específicos dos dous principais equipos galegos. En Grada de Río poderás facer un seguimento de todo o relacionado co Celta e, en Torre de Marathon, da actualidade do Deportivo.

Ademais de deportes, lembra que poderás consultar a información audiovisual relativa a Galicia, España e temas internacionais. Todo a través do mando do teu deco 4K de Re co selo de La Voz de Galicia. De feito, o menú é moi sinxelo. En primeiro lugar tes a sección 'Galicia', seguida de 'Te interesa' e 'Sociedad'. Ao final encontrarás as novidades do tempo e tamén os vídeos 'Destacados'.

Só tes que ir co teu mando ao vídeo que che interese, pulsar OK e velo ao momento.

Esperamos que che guste esta novidade e, sobre todo, que goces de La Voz no teu televisor.

Un saúdo.