Results

Universidade de Santiago de Compostela

02/16/2017 | News release | Distributed by Public on 02/16/2017 07:33

A USC recibe o selo HR Excellence in Research

A USC acadou a acreditación Human Resources Excellence in Research que outorga a Comisión Europea. O selo, xestionado por EURAXESS supón un recoñecemento público ás institucións de investigación que progresan en aliñar as súas estratexias de recursos humanos cos principios definidos na Carta Europea para o Persoal Investigador e o Código de Conduta para a Contratación de Persoal Investigador (C&C).

Logo da súa adhesión o pasado xullo aos principios definidos na C&C, a USC definiu unha Estratexia de Recursos Humanos (HRS4R), integrada na súa Planificación Estratéxica, que, de acordo co procedemento establecido, deu lugar á elaboración dun Plan de Acción para os vindeiros cinco anos. Este documento foi avaliado por un panel de expertos externos de EURAXESS, recoñecendo o compromiso coa calidade na USC en relación ao esforzo por mellorar a contratación e as condicións laborais do persoal investigador. Dende a Vicerreitoría de Investigación e Innovación coordinaranse as actuacións necesarias ao longo de 2017 para a implementación das actuacións previstas no Plan.

Esta acreditación é un paso máis para cumprir co establecido no artigo 32 do Acordo de Subvención (GA) que contempla as obrigas derivadas da xestión dos recursos humanos en investigación dentro dos proxectos financiados polo programa H2020.