Results

Ayuntamiento de Ourense

01/04/2018 | News release | Distributed by Public on 01/04/2018 13:40

Dispositivo Especial de Tráfico pola Cabalgata de Reis (Día 5-01-18)

Con motivo da Cabalgata de Reis, a Policía Local estabelecerá un Dispositivo Especial de Tráfico para cortar as rúas de acceso ao seguinte Itinerario:
Saída-Estación Empalme RENFE, Avd. das Caldas, Ponte Romana, Progreso, Doutor Marañón e Praza Maior.

Hora Prevista de Saída: 18,00 horas.

Ao afectar a unha das arterias principais da cidade (C/ Progreso) recoméndase aos condutores que traten de evitar acceder ao percorrido e principalmente a esta rúa que permanecerá cortada na maior parte do percorrido, desde a Ponte Romana ata o Xardín do Posío, aínda así apuntamos o seguinte:

1º.- O primeiro corte de Tráfico producirase media hora antes da saída, afectando o barrio da Ponte, anulando o acceso á Avd. das Caldas, aínda que sobre as 16´30 h. xa non se poderá acceder á Chaira da Estación do Tren (de onde sae a Cabalgata)

Algúns itinerarios alternativos:

- A circulación que proveña da Estrada de Vigo (CN-120) ou Estrada de Madrid (CN-525) cara a Santiago terá que acceder por Estrada de Monforte, (CN-120) e viceversa

- A circulación que baixe pola Avda. de Santiago deberá acceder a Avd. de Marín e Ponte Nova.
Como queira que unha vez que a Cabalgata cruce a Ponte Romana, poderase abrir o tráfico, recoméndase ter este dato en conta posto que posiblemente media hora despois da saída (se non hai atrasos) a circulación do barrio da Ponte pode recuperar a normalidade.

2º.- Momentos antes da hora da saída cortarase o resto do Itinerario, por tanto nos minutos previos debe evitarse circular desde o Xardín en sentido centro cidade ou acceder á C/ Progreso desde o Pavillón, Avd. da Habana, Sáenz Dez, Xoán XXIII ou Parada Justel ; para iso os Itinerarios son amplos, tanto por San Francisco, Couto ou Centro vía C/ Curros Enríquez.