Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

06/29/2017 | News release | Distributed by Public on 07/07/2017 03:16

wifi negocio: wifi en locais públicos

Se tes unha cafetería, un bar ou un restaurante e queres ofrecer a máxima comodidade aos teus clientes, agora podes ofrecerlles wifi gratuíto cunha conexión de ata 100 megas a través da solución wifi negocio.

wifi negocio diferénciache da túa competencia grazas á mellor cobertura e máxima velocidade, sen importar o número de clientes conectados á rede. Un distintivo na porta do teu negocio indicará que dispós deste servizo gratuíto para os teus clientes.

Unha rede para ti e outra para clientes

Este servizo está dirixido a locais de tamaño medio e cun número non moi elevado de clientes usuarios da túa rede wifi. Pola contra, 100 megas non lles ían a chegar a nada e seguro que protestarían .

Para a túa tranquilidade, poderás ter unha rede wifi exclusiva para ti que garante a seguridade dos dispositivos que teñas conectados. E para os teus clientes dispós dunha rede que xestionarás desde a web de clientes, onde poderás establecer o contrasinal de acceso, programar o horario no que está activa a rede e consultar o número de clientes que están conectados en cada momento.
Por outra banda, os clientes que teñan acceso a wificlientesR poderanse conectar xa directamente. Así non terás que dar continuamente o contrasinal da túa rede.

Como conectarse?

A conexión a esta rede wifi por parte do cliente é moi sinxela. Ao entrar nun establecemento coa distintivo wifi negocio, ten que localizar a rede wifi no seu dispositivo móbil, tablet ou portátil, conectarse, aceptar as condicións e… listo! O cliente estará a gozar gratis de acceso a internet.

Canto custa wifinegocio?

A promoción de lanzamento de wifi negocio é de 5€/mes (IVE incl.) e se ti necesitas unha rede wifi máis ampla á que se poidan conectar un maior número de clientes, podes contratar a opción wifi negocio premium por 24,08€/mes. Todos estes prezos están promocionados, do mesmo xeito que a instalación do punto de acceso, que é gratuíta.

Xa ves que pouco custa ter aos clientes contentos e que o teu establecemento teña un valor engadido cunha conexión wifi de alta calidade. A que esperas para contratalo?

Ata a próxima!