R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/10/2017 | News release | Distributed by Public on 07/11/2017 02:28

COSMO sortea unha toalla co gallo da estrea da sexta tempada de ‘Crimen en el paraíso’

COSMO (dial 25) volve levarnos este verán ao arquipélago caribeño, concretamente a Saint Marie, unha illa na que os asasinatos parecen ser algo moi habitual. A sexta tempada de 'Crimen en el paraíso' arrinca o domingo 16 de xullo ás 21:15 h.

Volven os crimes, pero non vos preocupedes, Humphrey Goodman, o detective inglés, tentará solucionar todos os misterios.

Nova tempada, novos misterios

Na nova tempada, veremos o difícil que é resolver un asasinato no que todo parece indicar que foi unha morte por causas naturais. Ademais, o detective Humphrey espera a visita de Martha, un antigo amor seu de Londres, que lle espertará a ilusión de entón.

Nos novos episodios, veremos tamén un especial de dúas partes no que será necesario que o detective e o seu equipo viaxen a Londres para atopar aos sospeitosos. De feito, será a primeira vez que saen fóra da illa para resolver un caso. Aí coñeceremos ao novo detective, Ardal O'Hanlon (Jack Mooney), quen acabará ocupando o posto do detective Humphrey a partir dos últimos dous episodios desta tempada.

Unha vez pechado o caso de Londres, o novo inspector seguirá a pista dun caso por un turista asasinado e outro misterio que se sucederá durante as eleccións para elixir o alcalde de Saint Marie. Será o equipo capaz de solucionalo todo?

Sorteo

Para que sexas a envexa dos teus amigos na praia ou na piscina, COSMO (dial 25) sortea entre todos os clientes de R10 toallas da serie do verán 'Crimen en el paraíso'.

Para participar tes que enviarnos un correo a [email protected] co asunto Toalla , indicando nome, apelidos e DNI do titular do servizo de Re contarnos cal foi o maior dos teus crimes un día de praia ou psicina . As 10 respostas máis orixinais terán premio.

O prazo para participar comeza o día 10 de xullo ás 12:00 hora e remata o día 16 de xullo ás 00:00 horas. Bule, non vaias quedar sen a toalla estrela do verán.

Bases legais