R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

12/23/2020 | News release | Distributed by Public on 12/23/2020 02:17

Como celebran o Nadal os xogadores do Básquet Coruña?

Coámonos nos adestramentos dos xogadores do Básquet Coruña e contáronnos como pasan o Nadal.

En familia e con amigos, coa súa xente e esperando que todo vaia ben. Así se presenta este Nadal para os mozos do Básquet Coruña. Unhas datas que aproveitan para descansar e compartir bos momentos cos seus seres máis próximos ao redor da mesa.

Como a cociña da nai… ningunha

E que hai na mesa? Para Gaizka Maiza, nada como a minestra da súa nai ou a da súa avoa, algún peixe bo ao forno con ameixas e as croquetas da súa avoa. En casa de Javi Vega non faltan os entremeses, gambóns, polbo e cordeiro. E Dago Peña non pensa nun menú concreto, pero teno claro: 'o que a xefa -a miña nai- faga' :).

Para tomarse algo cos amigos, Javi é fiel á súa tradición de ir comer ao 'Fosters'.

As recomendacións máis doces

En toda mesa de Nadal non pode faltar unha boa sobremesa, dende as tortas de Gorrotxategi ou Eceiza á repostería con toque dominicano que desfrutan na casa de Dago.

Para dixerir a enchedela, nada mellor que dar un paseo. Gaiza desfruta de cada recuncho da Coruña, pero Javi prefire evitar as multitudes dos días sinalados e escapa en calquera outro momento e Dago é máis de quedar na casa coa familia.

Que non falte unha boa peli

Para unha noitada de Nadal, hai clásicos que nunca fallan, como 'El Señor de los Anillos' ou 'Solo en casa'.

Se prefires algo máis actual, Javi recoméndanos 'Gambito de Dama', unha serie de Netflix 'entretida e non moi longa' e a peli 'La isla de las rosas', baseada en feitos reais.

Que non pasa nada aínda que non sexa a típica peli de Nadal, como lle pasa a Gaizka, que o seu é a acción e a intriga e nunca é mal momento para ver 'Inimigo ás portas'.

Bo Nadal!!