FEGAMP - Federación Galega de Municipios e Provincias

11/06/2018 | News release | Distributed by Public on 11/06/2018 04:57

A Fegamp promoverá o programa Cidades Amigas da Infancia entre os concellos galegos

O acordo de colaboración firmado esta mañá entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a consellería de Política Social da Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español, ten como obxectivo a promoción do programa Cidades Amigas da Infancia (CAI) entre os concellos galegos. Ao acto de sinatura do convenio acudiron o presidente da Fegamp, Alfredo García, a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, e a presidenta de UNICEF Comité Español, Miriam Garabito.O presidente da Fegamp Alfredo García explicaba as razón desta alianza: 'a firma deste convenio ten como meta axudar a UNICEF na promoción do programa cidades CAI entre os municipios de Galicia coa intención de garantir o desenvolvemento integral da infancia e a adolescencia dos seus territorios cun enfoque de dereitos', aseguraba García.

Desde UNICEF Comité España informaron que son un total de 9 municipios galegos os que neste momento teñen postas en marchas iniciativas enfocadas na participación infantil e xuvenil nas políticas locais e que teñen logrado ademais uns resultados realmente notables. En concreto foi o concello de Castrelo de Miño o primeiro que logrou este recoñecemento como cidade CAI en Galicia en 2016 e ten sido neste mesmo outono cando outros 8 municipios galegos (Cabanas, Carnota, Moeche, Ourense, Porriño, Redondela, Teo e Tomiño) obtiveron dito recoñecemento para o período 2018 - 2020.

A firma deste convenio busca a sensibilización da poboación en xeral, e dos axentes locais en concreto, co obxectivo de incrementar os esforzos a favor dos dereitos da infancia nos municipios galegos, promovendo iniciativas que recoñezan o valor da participación dos nenos, nenas e adolescentes nas decisións e que faciliten a creación de espazos duradeiros de participación para eles.

Todo acerca do pograma Cidades Amigas da Infancia liderado por UNICEF Comité Español desde o ano 2002, en alianza co Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, a Federación Española de Municipios y Provincias, o Instituto Universitario de 'Necesidades y Derechos de la Infancia y la Adolescencia' -IUNDIA-, na web www.ciudadesamigas.org