Results

Ayuntamiento de Ourense

10/04/2018 | News release | Distributed by Public on 10/04/2018 05:35

Campaña para a adopción responsable de animais abandonados

Con motivo da conmemoración do Día mundial dos animais a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense en colaboración coa Protectora de animais Progape desenvolve unha campaña de promoción da adopción responsable de animais abandonados.

Con este motivo, o sábado día 6 de outubro organiza unha Andaina de mascotas abandonadas, actualmente aloxadas no centro municipal de acollida, que terá saída ás 11 horas do parque canino sito nas proximidades do colexio Salesianos e rematará ás 12h na rúa do Paseo. Nesta andaina participarán as concelleiras de Sanidade, Sofía Godoy, e Facenda, Ana Morenza, e o edil de Medio Ambiente, José Araújo.

Na mesma xornada, nunha carpa situada diante do Centro Cultural José Angel Valente realizarase unha recollida solidaria de alimentos para animais abandonados. Tamén se realizará unha exhibición de Graffitis en vivo, a cargo de Tareixa Taboada, Abraham Caride e Rafa Jurado e se exporán as fotografías do II Concurso de Fotografía Mascotas Adoptadas Responsablemente Concello de Ourense.

Co lema 'Sé responsable: ADOPTA, COLABORA', a campaña que desenvolven Concello e Progape chama a cidadanía a implicarse ante o abandono destes animais _no albergue municipal están acollidos na actualidade uns 350 cans e un cento de gatos_, lembrando ás persoas que esten interesadas en colaborar que poden facelo de diferentes xeitos: acoller temporalmente na vivenda, facerse voluntarias, apadriñar unha mascota ou adoptar responsablemente

Tamén no marco desta campaña organizaranse paseos solidarios de mascotas abandonadas, os martes e xoves ás 17.30 e os sábados e domingos ás 11.30h na contorna do Centro Municipal de recollida de animais abandonados.