R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/10/2017 | News release | Distributed by Public on 04/10/2017 02:08

Sacamos nova tarifa móbil adicional: 100 minutos e 1GB por 7€

Ola outra vez. Se hai poucas semanas lanzamos unha tarifa en móbilR para liñas adicionais con 500MB e chamadas a 0cent/min+establecemento por 3€/mes (IVE incl.), agora estreamos unha nova tarifa, a TR 100 1GB, que inclúe 100 minutos cada mes para chamar a calquera fixo ou móbil nacional (cun límite máximo por chamada de 60 minutos) e 1GB de datos.

Perfil

A idea é intentar responder aos que buscan xa varios minutos de chamadas e algo máis de datos na tarifa, ou dispoñer dunha tarifa adecuada para os adolescentes da casa, que queren datos no seu terminal para acceder a diferentes aplicacións. E seguramente ti prefires tamén que teñan algúns minutos, por se precisan chamar e contactar contigo.

Prezo

Esta nova tarifa adicional terá un custo de só 7€/mes (IVE incl.) e só está dispoñible para clientes particulares. Iso si, ao ser unha liña adicional hai que ter contratada unha plana 23 ou superior e un combo ou mambo. En caso contrario, o prezo será de 12€/mes (IVE incl.).

Tarifas adicionais

Lembra que agora temos un amplo abano de tarifas adicionais. Ao ter xa móbilR cunha plana 23 (ilimitadas e 3GB) ou superior, podes coller ata tres liñas adicionais a un prezo moito máis baixo:

wificlientesR

Como complemento á túa tarifa de móbilR, contas co acceso gratuíto á maior rede wifi de toda Galicia. Máis de 130.000 puntos wifi á túa disposición para conectarte en máis de 100 concellos e non ter que gastar datos da túa tarifa. E se tes internet contratado con nós, tamén te podes conectar dende a túa tablet, portátil ou PC.

Con calquera dúbida, coma sempre, por aquí andamos!