R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

01/03/2019 | News release | Distributed by Public on 01/03/2019 05:41

Móbiles de R: LG K11

O LG K11 é deses móbiles que os miras, telos na túa man e xa non queres outro. Xa está no catálogo de móbiles de Ren cor azul por 7€ durante 24 meses. A mellor experiencia audiovisual, bo deseño, bo prezo e gran rendemento. Imos coñecelo.

Deseño

A súa pantalla de 5,3″ HD IPS con 1280×720 de resolución, a súa gran calidade de imaxe e o seu acabado e deseños premium garántenche máxima durabilidade e os seus bordos redondeados permiten un agarre perfecto.

Ademais é ultrarresistente a temperaturas altas e baixas, humidade, golpes ou vibración. Para garantilo foi sometido a 8 probas militares que certifican a súa gran resistencia.

Conta cun sensor de pegadas dixital avanzado, con múltiples funcións que melloran a usabilidade do teu K11.

Mide 148,7 x 75,29 x 8,68 mm e pesa 163 g.

Antes de seguir coas cámaras, aquí tes un vídeo resumo co mellor do LG K11:

Cámaras

A súa cámara principal de 13 MPX ten autoenfoque de alta velocidade, un 30% máis rápido e preciso, que fará que as túas fotos sempre saian nítidas.

Grazas ao seu modo retrato conseguirás desenfoques (efecto bokeh) perfectos, que poderás aplicar antes ou despois de sacar a foto.

A súa intelixencia artificial detecta baixa luminosidade e activa o modo noite, co que mellorarás a imaxe final ata un 30%.

Como ves unha cámara máis que completa, pero hai máis: disparo por xestos, acceso rápido á cámara premendo o botón de volume dúas veces e flash intelixente.

A súa cámara selfie de 8 MPX ten un grande angular 100º, ideal para as túas fotos de grupo.

E para que a experiencia audiovisual sexa completa, LG ofrece un son DTS X multicanle virtual por obxectos 360º, como usan nas salas de cinema. O resultado é unha sensación envolvente e inmersiva.

Hardware

Alucinarás coa súa xestión intelixente de memoria, que che permite gozar aínda máis dos seus 16GB (8GB dispoñibles para usuario). Se queres máis, podes amplialos ata 32GB con tarxeta microSD.

Tarxeta nanoSIM, procesador octa-core 1,5Ghz, 2GB de RAM, Android Nougat 7.1.2 e a súa batería de 3.000 mAh.

Bo, bonito e barato. Consígueo xa na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!