Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

06/01/2017 | News release | Distributed by Public on 06/01/2017 03:56

Móbiles de R: Moto G5

O Moto G5 chega ao catálogo de móbiles de Rcun renovado deseño e a moi bo prezo. Entre as novidades da quinta xeración, o seu acabado en aluminio, lector de pegada dactilar ou revestimento impermeable anti salpicaduras. Leva este gama media de Lenovo en cor gris lunar por 8€ ao mes durante 24 cotas.

Deseño

Móbil manexable de 5 polgadas Full HD cun elegante deseño en aluminio de gran calidade cortado con diamante e pulido con perlas, vaia unha xoia . As súas medidas: 144 x 73 x 10 mm e 145 gramos de peso. E non te preocupes se lle vertes un pouco de auga ou se pon a chover nunha conversación de whatsapp emocionante, o Moto G5 está cuberto dun revestimento impermeable, pero ollo, non podes somerxelo en auga.

Para desbloquear e bloquear o Moto G5 ao momento, dispós da función pegada dactilar. Só tes que tocar o lector para facelo e así te esqueces de lembrar un contrasinal máis. Ademais, sen necesidade de desbloquear o teléfono poderás ver as notificacións e actualizacións. Sacúdeo para ver as novidades e accede directamente á aplicación.

Lenovo engade outro detalle máis para facerche a vida máis fácil. Cun xesto rápido poderás acceder ás funcións máis frecuentes. Por exemplo, cun xiro de boneca abres a cámara ou con dous golpeciños cara abaixo acendes a lanterna.

Cámaras

No apartado das fotos está moi ben servido: cámara principal de 13 MPX con enfoque rápido, apertura focal f/2.0 e Flash LED. Grazas ao enfoque automático con detección de fase, sacarás fotos máis nítidas. E para os selfies ou fotos de grupo, podes cambiar á cámara frontal, con 5MPX, lente gran angular, apertura focal f/2.2 e flash en pantalla. Ademais, dispós de axustes manual e automático do modo embelecemento para saír aínda mellor

O Moto G5 trae de serie software como Mellor instantánea ou Modo profesional. E outra opción para personalizar as túas fotos cho dá a app Google Fotos.

Rendemento

A rapidez está garantida grazas ao seu procesador de 8 núcleos a 1,4 Ghz e aos 2GB de RAM. Para almacenar os teus arquivos e apps tes 16GB de memoria (8GB dispoñibles para usuario). Funciona con Android 7.0 e incorpora unha batería de 2800 mAh, que che dá para horas con só cargar uns minutos (cargador rápido de 10W).

Aquí tes un resumo de todas estas prestacións. Aínda que está en inglés, unha imaxe vale máis que mil palabras:


Se estás a pensar en cambiar de móbil, esta é unha boa opción. Entra na nosa tenda móbilR e lévao:

> contrata aquí
> renova aquí

Ata pronto!