Results

Universidade de Santiago de Compostela

04/11/2017 | News release | Distributed by Public on 04/11/2017 07:16

Fondo pesar na USC polo falecemento da alumna da Facultade de Física Rocío Gómez Fernández

A USC manifesta o seu fondo pesar polo falecemento este luns da alumna de cuarto curso do grao de Física Rocío Gómez Fernández, de 21 anos. O reitor Juan Viaño transmítelle á súa familia e amizades as condolencias da comunidade universitaria.

Nomeadamente, o equipo de dirección da Facultade de Física onde cursaba estudos tamén deixou constancia da súa consternación en nome propio así como de toda a comunidade que integra este centro compostelán. Este mércores 12 está prevista a celebración dunha cerimonia relixiosa e o posterior enterramento no cemiterio parroquial Guillamil (Santo André, Ourense).