FEGAMP - Federación Galega de Municipios e Provincias

07/06/2017 | Press release | Distributed by Public on 07/06/2017 01:44

CURSO SOBRE INTERVENCIÓN EN EMERXENCIAS PARA OS CONCELLOS CON GES

No DOG do día 6 de xullo de 2017 convócase un curso sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

Destinatarios: persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poida ingresar neles ou estea nas lista de reserva.

Duración: 70 horas

Lugar e datas: o curso levarase a cabo nas instalacións da Agasp desde o 17 de xullo ao 31 de xullo de 2017.

Prazo de inscrición: 7 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia