Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

01/04/2019 | News release | Distributed by Public on 01/04/2019 05:49

Netflix, xa na túa factura de R

Ola. Hoxe querémosche contar unha novidade máis que interesante. Dende Rsempre intentamos pensar no uso que fas das noas tecnoloxías. Sabemos que un dos servizos máis demandados agora mesmo é Netflix, así que levamos meses traballando con eles para que a túa experiencia como usuario coa súa plataforma sexa a mellor.

En maio xa che anunciamos que a aplicación de Netflix estaba dispoñible no noso deco 4K. E incluso incorporamos un botón directo ao seu servizo nos novos mandos do deco 4K. Agora demos un paso máis na nosa integración con Netflix, para que poidas pagar a súa cota na factura de Rse así o desexas.

Pago na factura

Integrámonos con Netflix estableciendo o que se chama un carrier billing, é dicir, un pago integrado na factura. O noso obxectivo é facilitarche a subscrición e o pago do seu servizo a través dunha única factura.

Se tes o noso deco 4K (dispoñible para todos os clientes con tv familia, tv total, tv festa rachada ou algunha das opcións á carta contratadas), xa podes beneficiarte desta mellora.

Un mes gratis

Lembra que Netflix é un servizo de contidos audiovisuais, que che permite ver miles de series, películas e documentais a través do teu televisor e doutros dispositivos. Seguro que che soan moitas das súas series, como Narcos, Stranger Things, Black Mirror, The Crown, La Casa de Papel ou Paquita Salas. E tamén películas exclusivas, como A ciegas de Sandra Bullock, con máis de 45 millóns de reproducións nuns poucos días.

En Netflix tes varios plans de subscrición, pero o primeiro mes, para que o probes e vexas se che interesa, é gratis.

Como activalo

Se tes o deco 4K e estás interesado en probar Netflix, podes faceo pulsando no botón da casa do teu mando ou ben no botón de Netflix (nos novos mandos).

Na primeira pantalla xa tes un acceso directo a Netflix. Ponte enriba, pulsa ok e sigue os pasos.

Na pantalla de inicio, se xa tes un usuario, podes acceder con el. Ou ben crear unha nova conta seleccionando 'Comenzar el mes gratis'.

Indicas unha cuenta de correo, aceptas as condicións e listo. Así de sinxelo e de rápido. Se non probaches antes o servizo, tes un mes gratis e, a partir de aí, na factura de R xa che aparece a subscrición.

Deco HD e SD

No caso de que teñas un deco HD e SD, non hai acceso directo a Netflix dende o televisor. Pero se desexas pagar a túa subscrición de Netflix a través da factura de R, tamén terás esa opción.

Na web de clientes e na nosa app teremos un botón de Netflix onde poderás activar a túa subscrición. Poderalo ver a través de diferentes dispositivos e a cota terala no teu recibo mensual de Rse o desexas.

Con calquera dúbida, coma sempre, quedamos por aquí á túa disposición para resolvela.

Un saúdo.