R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

11/09/2017 | News release | Distributed by Public on 11/09/2017 09:32

Campaña solidaria ‘Un minuto por Galicia’ nas canles de AMC Networks International

O sábado 11 de novembro, ás 23:00 horas, a produtora de canles temáticas AMC Networks International Iberia lanza 'Un minuto por Galicia'.

Esta campaña solidaria servirá para recadar fondos para a axuda dos afectados pola vaga de incendios que calcinou máis de 35.000 hectáreas dos nosos montes e na que faleceron catro persoas.

Cruz Vermella

AMC Networks doará 0,11 euros por cada espectador que conecte ás 23:00 h con algunha das 13 canles que participan nesta acción e que están dispoñibles en R: Canal Hollywood (dial 1), AMC (dial 2), XTRM (dial 6), Somos (dial 8), DARK (dial 12), C&I (dial 29), Historia (dial 52), A&E (dial 53), Odisea (dial 54), Canal Cocina (dial 58), Canal Panda (dial 152) e Sol Música (dial 171).

A doazón económica realizarase á Cruz Roja, organización que está a traballar activamente na
axuda dos afectados polos incendios en Galicia.

Rostros coñecidos súmanse á campaña

A campaña conta coa colaboración de rostros famosos como Carlos Bardem, Antonio de la Torre, Malena Alterio, Fernando Ónega ou Tristán Ulloa; e presentadores dos programas de produción propia da compañía, como os cociñeiros Julius e Sergio Fernández ou as expertas en lifestyle Laura Opazo, Chus Cano e Vitoria Moradell. Eles participaron nesta iniciativa a través duns vídeos nos que animan os espectadores a acender o televisor de maneira solidaria.

Non tes escusa. O 11 do 11, ás 11 da noite, acende a tele e colabora con 'Un minuto por Galicia'.

#1MinutoPorGalicia