Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/17/2019 | News release | Distributed by Public on 04/17/2019 03:30

Temos 8 entradas para que desfrutes do partido Básquet Coruña – Huesca

Temos 8 entradas para que poidas asistir ao partido entre o Básquet Coruña e o Huesca o día 26 de abril ás 21:00 h. Valo perder?

Todo sobre o Leyma - Levitec

O venres 26 de abril enfróntase o Básquet Coruña contra o Huesca ás 21:00 h no Palacio dos Deportes da Coruña.

Máis que nunca o equipo local necesita da súa afección para poder gañar este partido. Nesta ocasión enfrontámonos a un rival que só vai dous postos por enriba na táboa, e temos que gañar. Ven animar o teu equipo!

Como participar?

Participa no noso concurso e lévate unha das 4 entradas dobres para ir ver o partido. Só tes que cubrir este formulario, respondendo á pregunta que se formula no mesmo. Se resultas un dos gañadores poderás asistir con quen ti queiras a ver este partido. Que máis se pode pedir?

Se tes calquera dúbida respecto ao concurso, non deixes de consultar as nosas bases legais.

Moita sorte e un saúdo.