Results

Ayuntamiento de A Coruña

09/06/2017 | News release | Distributed by Public on 09/06/2017 12:42

O Concello exíselle a La Voz de Galicia unha rectificación tras vincular a cargos do goberno local coa entidade sen ánimo de lucro que dinamizará o antigo cárcere provincial

O Concello da Coruña vén de remitir, na tarde deste mércores, un escrito á dirección do diario 'La Voz de Galicia', na que solicita unha rectificación da información publicada o pasado martes, 5 de setembro, baixo o título 'El gobierno local cede la cárcel a un colectivo con decenas de cargos y militantes de Marea', ante a falta de veracidade ou a falsidade de moitas das súas afirmacións.

Amparándose na Lei Orgánica 2/1984, o Concello invoca o seu dereito a rectificación xa que non existe no actual executivo municipal, nin no seu equipo de apoio, persoas que sexan 'membros' da entidade sen ánimo de lucro 'Proxecto Cárcere', que dinamizará as actividades que se realicen nos espazos habilitados no antigo cárcere provincial cando este se abra á cidadanía.

Axuntamos o escrito da Asesoría Xurídica municipal no que o goberno local solicita a citada rectificación.