Ayuntamiento de Ourense

08/04/2020 | News release | Distributed by Public on 08/04/2020 06:35

Aposta pola iluminación de Nadal, cunha achega de 350.000€

O Concello de Ourense aposta este ano por potenciar a iluminación do Nadal, á que adicará unha achega económica de 351.131,11 euros, o dobre ca no exercicio anterior. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión desta mañá, en sesión extraordinaria, o expediente para a instalación, a posta en funcionamento, o mantemento e a retirada da iluminación de Nadal 2020 - 2021, coa correspondente aprobación das cláusulas administrativas e técnicas.

O Concello de Ourense duplica este ano o investimento que dedicará a esta partida, que 'aumenta drasticamente', di o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, co obxectivo de 'embelecer a cidade e continuar coa dinámica que iniciamos o ano pasado: levar as luces de Nadal a barrios de Ourense onde nunca antes as houbese. Este ano chegaremos a máis sitios, con máis luces e cunha estética mellor'.