FEGAMP - Federación Galega de Municipios e Provincias

08/04/2018 | News release | Distributed by Public on 08/04/2018 02:56

Apoio municipal á protección dos nenos e nenas víctimas de abusos sexuais

Desde os concellos galegos, a través da @Fegamp, queremos aplaudir a @James Rodhes pola valentía que ten amosado contando a súa tráxica e ferinte historia xa que pensamos que ten removido conciencias coa súa actitude de loita sen tregua polos dereitos dos menores.

Nós, desde a Fegamp, tamén queremos usar o pequeno altofalante desde o que vos escribimos para sumarnos e amosarnos dispostos desde o municipalismo galego para apoiar calquera iniciativa que se poña en marcha pola parte de @james Rodhes e de @savethe children para apoiar ás súas reivindicacións.

Tamén queremos trasladar a nosa disposición de colaboración a @pedrosanchez @ desdelamoncloa para emprender canto antes eses cambios que poderían marcar unha diferenza e blindar a protección dos nenos e nenas ante situacións de agresión sexual. Os datos dan calafrío e non queremos mirar a outro lado.