Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

01/09/2019 | News release | Distributed by Public on 01/09/2019 07:08

Móbiles de R: Samsung Galaxy A9

Un móbil con cinco cámaras? Si, existe e xa está no catálogo de móbiles de R. O Samsung Galaxy A9 vén equipado con catro cámaras traseiras e unha frontal de 24 MPX. Ademais, o seu deseño con traseira en cristal 3D e a súa pantalla de alta definición de 6,3″ farán que se che caia a baba. Se a iso sumas un procesador octa-core con 6GB de RAM e unha memoria de 128GB, tes nas túas mans un móbil moi potente. E todo isto por 25€ durante 24 meses. Entra na nosa tenda móbilR e lévao en cor negra.

Deseño

A súa pantalla de 6,3″ FHD+ Super AMOLED ofréceche maior contraste e cores dinámicas. E a súa pantalla infinita, con cristal frontal completo, proporciónache unha experiencia visual sen límites.

A parte traseira tamén é de cristal 3D en cor Caviar Black para un agarre cómodo e práctico. Mide 162,5 x 77 x 7,8 mm e pesa 183 g.

Nesa mesma traseira, Samsung incorpora un sensor de pegada dactilar para entrar no teu móbil e iniciar sesión en webs e apps rapidamente. Pero tamén podes desbloquealo enfocando a túa cara grazas á tecnoloxía de recoñecemento facial.

Cámaras

O primeiro smartphone con cinco cámaras e esperamos que cre tendencia.

Na parte traseira incorpora unha cámara grande angular, un teleobxectivo, unha normal e outra de profundidade para un resultado profesional. A isto súmase un optimizador de imaxes e a detección de erros como o escintileo, instantáneas borrosas ou escenas a contraluz.

  • Ultra grande angular 8 MPX, F2.4, 120º
  • Teleobxectivo 10 MPX, F2.4, 2x zoom óptico
  • Cámara principal 24 MPX, F1.7, nitidez e brillo
  • Cámara de profundidade 5MPX, F2.2, enfoque dinámico

Para selfies perfectos, tes nada menos que 24 MPX. O selfie cobra protagonismo.

Aquí podes ver como funciona o da quad cámara:

Hardware

Móbil dual nanoSIM para que poidas ter por separado a túa vida persoal e laboral. Para que almacenes todos os teus recordos dispós de 128GB (64GB libres para o usuario) que podes ampliar cunha tarxeta microSD ata 512GB.

O procesador octa-core 2,2 Ghz con 6GB de RAM e o seu sistema operativo Android 8.0 ofreceranche o máximo rendemento.

E poderás espremelo ao máximo porque a súa batería de carga rápida de 3800 mAh darache para moitas horas de entretemento. E moi cómodo, é compatible con USB tipo C, é dicir, reversible, pódelo enchufar por calquera cara.

Como ves, non lle falta detalle. Consígueo na nosa tenda móbilR xa.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!