R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/10/2017 | News release | Distributed by Public on 04/10/2017 08:24

Regalamos entradas dobres para o Obradoiro – Murcia

Ola.

Como en Rnos gusta coidar os clientes como ti e ter detalles para premiar a túa confianza, queremos que vivas en directo os partidos de baloncesto de primeiro nivel.

Se che gusta a liga Endesa de Baloncesto (ACB), podes participar neste concurso no que regalamos invitacións para sentir a intensidade do Rio Natura Monbus Obradoiro dende o Multiusos do Sar de Santiago.

Como participar

O procedemento para participar era o de sempre. Só había que que enviar un correo a [email protected] co asunto 'Obradoiro-Murcia', indicando o nome, apelidos e DNI do titular do servizo en R. Ademais, respondendo á pregunta 'Por que che gustaría asistir ao partido?'.

O premio son 10 entradas dobres (cinco na nosa zona VIP e outras cinco na grada), para ver o partido entre o Obradoiro e o UCAM Murcia CB que se disputará o sábado, 23 de abril, ás 18.00h en Santiago.

Prazos

Só se permite un correo por cliente. E podes participar ata o mércores 19 de abril ás 16.00 horas.

Deixámosche as bases legais.