Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

05/22/2017 | News release | Distributed by Public on 05/25/2017 09:37

Segue Roland-Garros en Eurosport e gaña unha camiseta oficial

Eurosport 2 (diais 70 e 71) convértese na canle de 'La Armada' durante o segundo Grand Slam do ano, do 28 de maio ao 11 de xuño, grazas á personalización do sinal. Ademais, a canle realizará unha cobertura especial da participación de Rafa Nadal en Roland-Garros.

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emitirán as dúas semanas de torneo de maneira diaria cunha cobertura que empezará ás 11:00 h e que finalizará ás 21:30 h, aproximadamente, para que os telespectadores non perdan nin un punto do Grand Slam 'máis español'.

A mellor cobertura

En total, Eurosport ofrecerá 250 horas de emisión en directo durante Roland-Garros. Ademais dos partidos en directo, a cobertura reforzarase con entrevistas realizadas ao acabar os partidos, análises dos expertos, puntos de partido, estatísticas e imaxes do interior dos vestiarios.

Eurosport 1 manterá o sinal internacional, mentres que Eurosport 2, continuando coa súa aposta por achegarse ao deporte e ao público español, ofrecerá unha cobertura feita a medida para a audiencia española, ofrecendo os partidos que disputen os tenistas españois sobre a arxila de París. Ademais, Eurosport España contará cunha cámara para a emisión en directo de previas, post-partidos, análises dos nosos expertos e a emisión de calquera nova relevante que se produza en París.

Rafa Nadal, a por o seu décimo título

Como parte da personalización do contido, Eurosport 2 levará a cabo unha cobertura especial dos partidos de Rafa Nadal, emitindo unha previa realizada en directo dende París polos comentaristas e expertos de Eurosport, un post partido coa análise de todo o ocorrido, a emisión de entrevistas co tenista de Manacor tras cada encontro e a rolda de prensa do balear.

Rafa Nadal buscará o seu 10º título na arxila de París, torneo ao que chega mentres desenvolve un magnífico 2017, sendo finalista no Open de Australia e no ATP de Miami e gañador en Montecarlo, no Conde de Godó e no Masters 1000 Madrid.

Grandes deportistas

Xunto a Nadal, haberá que seguir de preto a evolución de Roberto Bautista, David Ferrer, Pablo Carreño, Albert Ramos, Fernando Verdasco ou Feliciano López.

No plano internacional, todas as miradas centraranse en tenistas como Novak Djokovic, gañador o ano pasado en París, quen non atravesa un bo estado de forma, o suízo Stan Wawrinka ou o escocés Andy Murray.

En canto ao cadro feminino, Garbiñe Muguruza, gañadora o ano pasado do torneo parisiense, onde sumou o primeiro título de Grand Slam da súa carreira, defenderá a súa coroa e farao sen o escollo de enfrontarse a Serena Williams, ausente por mor do seu embarazo. Carla Suárez será a outra gran baza española sobre a arxila de París.

O equipo de comentaristas

Para a cita de París, Eurosport España levará a cabo un gran despregamento tanto técnico como humano. O equipo de narradores estará formado por Manuel Poyán, Fernando Gómez, Fernando Ruiz, José Luis Corral, Paco Trapero, Álvaro Benito e José Manuel Tallada. Estarán acompañados nos comentarios por Conchita Martínez, capitá dos equipos españois de Copa Davis e Copa Federación; Àlex Corretja, dúas veces finalista en París e gañador da Copa de Mestres; Jordi Arrese, medallista de prata en Barcelona 92 e gañador da Copa de Davis como capitán do equipo español en 2004; Álvaro Rama; e Fernando Murciego. Corretja unirase tamén de novo ao equipo internacional de tenis de Eurosport para realizar entrevistas aos xogadores a pé de pista, captando as reaccións e as declaracións dos tenistas xusto ao terminar os partidos.

Concurso

Se queres ganar unha camiseta oficial do Roland-Garros, Eurosport pon á disposición dos nosos clientes 10. Só tes que responder a esta pregunta: 'Que é o que che atrae de Rafa Nadal? E que destacarías en Muguruza como deportista?'

Manda a túa contestación a [email protected] co asunto 'Eurosport Roland-Garros' e unha desas camisetas pode ser túa. Lembra indicar tamén o nome, apelidos e DNI do titular do servizo en R.

Bases legais.