R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/06/2017 | News release | Distributed by Public on 10/06/2017 07:41

Como compartir internet nun móbil con iOS 11

Ola. Se tes un iphone con iOS 11, querémosche explicar como compartir internet. É dicir, como ter activado que outro dispositivo se conecte á rede a través do teu terminal móbil.

Seguramente xa tes descargado o perfil co punto de acceso a internet (APN) de R. Co cal ese paso xa o saltamos (aínda que deixamos a ligazón, por se as moscas ).

Activalo por primeira vez

Pois ben, se é a primeira vez que compartes a túa conexión móbil, vai a 'ajustes' > 'datos móviles' > 'opciones' > 'red de datos móviles'.

Unha vez aí, dentro de 'Compartir internet', tes que poñer os seguintes parámetros:

  • Punto de acceso: internet.mundo-r.com
  • Nombre de usuario:
  • Contraseña:

Xa aparece

Pulsa de novo en 'datos móviles', na parte superior da pantalla, para volver atrás e xa estaría.

En 'ajustes' verías directamente a opción de 'compartir internet'. Dende aí podes activala (posición verde) ou desactivala (posición gris).

No caso de que xa che aparecese o de 'compartir internet' pero non funcionase ben, revisa dentro se están postos os parámetros que indicamos arriba.

Un saúdo e ata a próxima!