R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

06/01/2017 | News release | Distributed by Public on 06/01/2017 05:33

Festivais de música de Galicia

Os festivais de música de Galicia convertéronse nun atractivo máis da nosa terra que atrae a moitos turistas e autóctonos, principalmente na época estival. A oferta de festivais é moi ampla e hai múica para todos os gustos. Recordámoschos para que os vaias apuntando na axenda.

Pensa que ademais só quedan unhas semanas para a chegada do verán e xa están case todas as datas e programas confirmados para as vindeiras citas musicais. E aquí xa che imos aforrar traballo e indicámosche cando e onde, as cabezas de cartel e os programas completiños das citas festivais máis destacados de Galicia.

Xullo

Este ano a tempada de verán comeza o 30 de xuño co Atlantic Fest na Illa de Arousa. Os artistas que soen acudir pertencen á escena underground, desta volta destacarán as actuacións de Lori Meyers, Los Planetas e The Temper Tramp, entre outros.

Un dos pratos máis fortes da escena festivaleira de Galicia é o Resurrection Fest de Viveiro, que este ano celebra a súa undécima edición. Está considerado como o mellor festival de hardcore-metal e punk de toda a península e un dos máis destacados de Europa. Este verán contará coa participación destacada dos alemáns Rammstein, xa que será o único concerto que ofrezan en España e Portugal este ano.
A continuación podes ver un resumo da esencia deste festival que non deixa indiferente a ninguén.

Seguramente o festival máis coñecido por todos é o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que comezou a súa andadura no ano 1978 como un festival de música artesanal apoiado pola Banda de Gaitas de Ortigueira. É unha das citas de referencia a nivel mundial da música celta xa que cada ano actúan os músicos e bandas máis destacados deste estilo.

Este ano celebra a 33ª edición e actuarán o grupo irlandés Usher's Island, a banda escocesa Scott Wood Band e os galegos Treixadura. Pero o seu cartel é moi amplo así que mellor que lle botes unha ollada.

Agora toca cambiar de estilo co festival indiePortamérica que este ano terá lugar en Caldas de Reis por primeira vez. Do 13 ao 15 de xullo poderás desfrutar da mellor música con Iván Ferreiro, Xoel López, The Horrors e Leiva, entre outros.


Rematamos o mes de xullo na illa de San Simón co festivalSinsal que se celebra do 21 ao 23 de xullo. Os asistentes a esta cita non coñecerán aos artistas que actuarán ata o mesmo momento do concerto que pode ser de jazz, de rock ou de música electrónica.

Agosto

Este mes comeza co festival de Pardiñas en Palas de Rei e co SonRías Baixas en Bueu onde actuarán Sés, Amparanoia e Estopa, entre outros grupos.

Na Coruña terá lugar unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia no que destacará a actuación da banda indie rock inglesa Kaiser Chiefs. Moitos currunchos da cidade herculina contarán con concertos deste evento do 8 ao 13 de agosto.

A praia de Valarés acollerá o 18 e o 19 de agosto o V de Valarés onde La habitación roja, Terbutalina e Los Punsetes farán posible, xunto con outras bandas, que sexa outra edición inesquecible.

Nas mesmas datas a localidade de Vilaxoán de Arousa celebrará o festival Revenidas, onde os cataláns La Pegatina son a cabeza de cartel e onde tamén repiten Terbutalina. Do 18 o 19 de agosto, coincide co V de Valarés , podes acampar na localidade arousá e desfrutar de música de calidade, e aínda falta cartel por confirmar!

Setembro

En agosto non rematan os festivais nin o verán. Seguen en setembro co Festival da Luz en Boimorto do 8 ao 10 de setembro. Este ano celebra a súa quinta edición coas actuacións de Jarabe de Palo, Magos de Oz, Eladio y los seres queridos, Treixadura e moitos máis.

E para ir abrindo boca mira como o gozaron a pasada edición:

Tamén e setembro se celebra o WOS Festival en Santiago de Compostela, concretamente do 6 ao 10 dese mes, no que se dan cita actuacións musicais, artes escénicas, proxeccións e coloquios do máis vangardistas. Este ano destacan as actuacións de BFlecha, Nite Jewel e The KVB, entre outros.

E aínda quedan moitos festivais dos que non falamos detalladamente pero que non podemos deixar de mencionar:O Loro Facu (28 e 29 de xullo) en Miño (16), o Festival Osa do Mar (18 e 19 de agosto) en Burela, o Minho Reagge Sunsplash (1 e 2 de setembro) en Tomiño, o Nordestazo Rock (datas pendentes de confirmación) en Malpica , a Carballeira de Zas (datas pendentes de confirmación) …

Agora soamente queda que escollas a cal queres ir. E se te animas a ir a todos, vai cargando a batería do teu móbilR que falta che fará .

Desfruta do verán en Galicia.

Ata a próxima!