Ayuntamiento de Ourense

07/01/2018 | News release | Distributed by Public on 07/01/2018 00:48

Un tramo de Progreso pecharase desde as 14:00h polas festas (2)

A rúa do Progreso, no tramo comprendido entre Parada Justel e rúa Baixos da Alameda acollerá o xoves, 28 de xuño até o domingo, 1 de xullo, as actuacións das orquestras programadas para as Festas de Ourense 2018. Por este motivo, será preciso realizar cortes de tráfico deste tramo da rúa cada día pola tarde até o remate dos concertos.

Como consecuencia, os vehículos que se acheguen á zona deberán utilizar itinerarios alternativos. Quen circule por Progreso procedente do Xardín do Posío en sentido á Alameda deberase desviar pola rúa Baixos da Alameda (a que está entre o edificio histórico da Praza de Abastos e a Alameda), e acceder a Progreso a través de Parada Justel. Cando comecen os concertos, pecharase tamén ao tráfico esta última rúa, polo que os vehículos deberán continuar por Doutor Fleming. Quen circule en sentido contrario, deberase desviar a través da rúa Reza ou, previamente, nas proximidades da glorieta de San Rosendo, a través de Concordia ou Ervedelo.

O corte de tráfico producirase o xoves desde as 18:30h con motivo da actuación ás 01.00h: de Combo Dominicano. O venres, á mesma hora, pola actuación, desde ás 01.00h da orquestra Panorama. O sábado, tamén ás 18:30h pola actuación, desde as 01.00h de Olympus. Finalmente, o domingo, o corte de tráfico será desde as 14horas, pola actuación, ás 21.00h, de París de Noia,

O Concello de Ourense solicita desculpas ás persoas condutoras de vehículos que resulten afectadas polas incomodidades que lles ocasionen estes cortes de tráfico, que se deben á necesidade de dispoñer dun lugar axeitado para o desfrute por parte de veciños e veciñas dos concertos das orquestras, que cada ano é unha das actividades máis participativas das nosas festas maiores.