Results

Ayuntamiento de A Coruña

01/03/2018 | News release | Distributed by Public on 01/03/2018 12:25

O Concello establece este venres un dispositivo especial de mobilidade con motivo cabalgata de Reis, que percorrerá a cidade desde O Castrillón ata María Pita

O Concello activará este venres un dispositivo especial de mobilidade con motivo da Cabalgata de Reis, que desde as 17.30 e ata as 20.30 horas (hora aproximada de chegada) percorrerá a cidade desde a praza de Pablo Iglesias, no Castrillón, ata María Pita, nun percorrido de 4,3 Km que a levará pola avenida da Concordia cara á rúa Javier López López, avenida de Monelos, Pérez Ardá, Fernández Latorre, Catro Camiños, Costa da Palloza, Primo de Rivera, Linares Rivas, Sánchez bregua, Cantóns e A Mariña. O transcurso da comitiva suporá cortes de tráfico nestas vías, que poden afectar á circulación nas rúas adxacentes, polo que está previsto unha serie de alternativas para facilitar os desprazamentos, se ben se recomenda evitar o uso dos vehículos polas zonas próximas ao itinerario en caso de non ser necesario. Os cortes produciranse a partir das 16.00 horas en todo o percorrido, que irá reabríndose ao tráfico conforme pase a comitiva e o público vaia abandonando a calzada.

Para os vehículos que, durante esas horas, teñan que desprazarse cara á Monte Alto e a Cidade Vella, habilitarase a circulación en dobre sentido pola avenida de Linares Rivas, para conectar a avenida do Porto con Alfonso Molina. Para o caso dos coches que queiran acceder á Pescaría e o Ensanche, os servizos municipais recomendan facelo a través de Alfonso Molina, Federico Tapia, praza de Pontevedra e San Andrés, e realizar a saída desde esta zona por Juan Flórez. En canto ao tráfico da Estación de Ferrocarril, Os Mallos, Sagrada Familia e o Orzán, os vehículos poderán empregar a avenida de Alfonso Molina, a rolda de Outeiro e a avenida de Arteixo, mentres que aqueles que se despracen cara á segunda fase de Elviña, o Orzán, Riazor ou Os Rosales poderán empregar o túnel de Eirís, a avenida de San Cristóbal, a glorieta de Lonzas e a Terceira Rolda. Por outra banda, para acceder aos Castros, A Gaiteira e o Castrillón, ou partir destes barrios, no tempo en que duren os cortes da Cabalgata deberá tomarse a avenida da Pasaxe, a avenida da Concordia e a avenida de Oza cara a Catro Camiños, así como a avenida do Exército e a rúa Posse.

Tal e como indican desde a Concellería de Mobilidade Sostible, o percorrido da Cabalgata de Reis afectará tamén ao transporte colectivo, fundamentalmente ao acceso e saída da Estación de Autobuses -que se realizará por Salgado Torres, a través de Pérez Ardá, e desde esta, cara á Rolda de Outeiro ou Salvador de Madariaga-, así como ao transporte metropolitano que entra na cidade, que verá suprimidas durante o tempo do espectáculo as paradas de Entrexardíns, praza de Ourense e Costa da Palloza. Habilitarase de unha parada provisional no lateral da Fábrica de Tabacos. Para as liñas procedentes da avenida do Pasaxe-Miradoiro dos Castros establécese esa parada como final do traxecto, mentres que as liñas procedentes de Alfonso Molina terán como parada final a estación de Autobuses, a través de Salgado Torres. En canto á liña do servizo especial do Aeroporto, entrará por Alfonso Molina, Linares Rivas, praza de Ourense, avenida do Porto, túnel do Parrote e As Ánimas durante o tempo do espectáculo. Tamén, desde esta área municipal lembran que o gálibo das Pajaritas é de 4 metros.

Buses urbanos

En relación aos buses urbanos, a Cabalgata afectará aos percorridos da práctica totalidade das liñas, en concreto, da 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 4, 5, 7, 12A, 14, 17, 20, 21, 22, 23, 23A e 24, ademais da especial da UDC, durante as horas centrais da tarde. Desde as 17.30 horas do venres, as liñas 4, 12A e 14 non poderán circular pola avenida de Monelos, polo que desde a glorieta de Monelos-Caballeros desviaranse por Salvador de Madariaga e Camilo José Cela. A 4 dará a volta nas glorietas de Eirís e do alto de Monelos, para volver por Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, Viaduto e Federico Tapia, onde recuperará o seu itinerario habitual. A 12A circulará polo túnel de Eirís e a avenida da Pasaxe-Casablanca, para seguir cara ao CHUAC, Os Castros, A Pasaxe-Casablanca, túnel de Eirís, avenida Camilo José Cela e San Cristóbal, onde retomará o seu percorrido. A liña 14 circulará tamén polo túnel de Eirís cara á avenida da Pasaxe-Casablanca, e continuará polos Castros, Pasaxe, túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal e Alfonso Molina,para incorporarse na Rolda de Outeiro ao seu itinerario habitual.

En canto ás liñas con saída do Abente e Lago -1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A, así como a liña 17-, circularán polo túnel do Parrote e Estrada do Porto ata a praza de Ourense, e continuarán por Alfonso Molina ata Pajaritas. As liñas 23 e 23A continuarán por Pablo Picasso o seu itinerario habitual, mentres que a liña 1, 1A, 2 e 2A farano por Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, túnel de Eirís, avenida da Pasaxe e Os Castros. De aí, a 2A transitará cara ao hospital de Oza e o 17, ao CHUAC. O regreso realizarase pola avenida da Pasaxe-Casablanca, túnel de Eirís, avenida Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina, praza de Ourense, túnel do Porto e Abente e Lago. Así mesmo, as liñas 23 e 23A incorporarase á altura das Pajaritas a Alfonso Molina, para proseguir pola praza de Ourense, túnel do Porto e Abente e Lago.

A liña 5, en sentido de circulación cara á avenida de Hércules, discorrerá desde a glorieta da Estación de Ferrocarril facendo un desvío en Pajaritas para incorporarse a Alfonso Molina ata Federico Tapia, praza de Pontevedra, San Andrés, Campo da Leña, Veramar, Paseo Marítimo e Abente e Lago, onde recuperará o seu itinerario habitual. A 21 fará cabeza de liña en Juan Flórez, á altura do número 10, e continuará por esta vía ata San Pedro de Mezonzo, Alfonso Molina e Pajaritas, para recuperar en Pablo Picasso o seu itinerario habitual. Ao regreso, desde Pablo Picasso circulará por Alfonso Molina, viaduto, Federico Tapia e Juan Flórez. As liñas 3 e 7, desde a praza de Pontevedra continuarán por San Andrés, Rúa Nova, Paseo Marítimo, Hospital, Campo da Leña, Veramar, Paseo Marítimo e Abente e Lago, onde volverán ao seu percorrido habitual. A 3A circulará desde o Campo da Leña por Panadeiras e San Andrés, para retomar o seu itinerario a partir da praza de Pontevedra.

A liña 12, no seu percorrido cara ao CHUAC, circulará desde San Pedro de Mezonzo por Alfonso Molina, Pajaritas, Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, túnel de Eirís e a avenida da Pasaxe-Casablanca. De regreso aos Rosales transitará pola avenida da Pasaxe cara aos Castros, A Pasaxe, túnel de Eirís, Camilo José Cela, avenida de San Cristóbal, Alfonso Molina e Estación de Ferrocarril, para coller a rolda de Outeiro e, de aí, a avenida de Arteixo e a rolda de Nelle, onde recuperará o seu itinerario habitual. En canto á liña 20, continuará tamén desde San Pedro de Mezonzo por Alfonso Molina, Salvador de Madariaga, Camilo José Cela, túnel de Eirís e a avenida da Pasaxe recuperará o seu percorrido.

A liña 22, desde Os Castros, circulará pola avenida da Pasaxe/Casablanca, túnel de Eirís, Camilo José Cela, San Cristóbal, Alfonso Molina e viaduto, e seguirá por Federico Tapia e ata Juan Flórez,10. As liñas 24 e a liña da UDC desviaranse, desde Alfonso Molina, polo viaduto cara a Federico Tapia, facendo cabeza de liña en Juan Flórez, 10.