Results

Ayuntamiento de Ourense

01/04/2019 | News release | Distributed by Public on 01/04/2019 08:11

Este luns, 7 de xaneiro, remata o prazo para participar no sorteo de premios de “Pasaporte aos teus soños”, a campaña do Concello para impulsar as compras no Comercio Local[...]

O luns 7 de xaneiro será a o último día para participar na campaña 'Pasaporte aos teus soños', unha iniciativa do Concello de Ourense para potenciar o Comercio Local nestas datas de Nadal e que sorteará entre os seus participantes: tres viaxes ao Parque Warner de Madrid, cedidas por Logitravel; tres estancias en balnearios, cortesía de Caldaria; dúas ceas e unha noite no Hotel Rústico San Jaime; e seis ceas en diferentes establecementos da Unión de Hostaleiros de Ourense.

Participar nesta campaña e optar a un premio é moi sinxelo. Os interesados só teñen que pedir nos comercios da cidade o seu 'pasaporte aos soños' e cubrilo con oito selos en locais diferentes. Recibirán un selo por cada compra superior a cinco euros. Cando teñan os oito, poderán depositar o pasaporte na Caixa de Correos dos Soños que se atopa no baixo da Casa do Concello. No 'documento' deberán constar os datos persoais e de contacto.

Con esta proposta a concellería de Comercio do Concello de Ourense quere fomentar que os consumidores ourensáns fagan as súas compras na nosa cidade coincidindo cos días de maior movemento do ano, as festas do Nadal e a chegada dos Reis Magos, e que aproveiten a calidade e profesionalidade que sempre lles ofrece o Comercio Local, un dos motores económicos de Ourense.

O sorteo para coñecer aos gañadores dos premios cedidos polas entidades colaboradoras terá lugar o vindeiro martes, 8 de xaneiro; e a súa entrega está prevista para o xoves, 10 de xaneiro. A campaña comezou o pasado 13 de decembro e repartíronse 20.000 pasaportes polos establecementos comerciais.