R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

09/27/2019 | News release | Distributed by Public on 09/27/2019 01:57

Puro terror na túa televisión R en outubro

Outubro é un mes de medo. Non pode ser doutro xeito xa que, ano tras ano, Sitges convértese nun vórtice de sustos, pánicos, matanzas, zombis e demais criaturas. Coincidindo coa celebración do Festival, todos os clientes de televisión R teredes Dark, a única canle 100% terror, en aberto durante todo o mes de outubro. Para que ningún quede sen sustos.

Cita co Festival de Sitges

O primeiro festival fantástico do mundo chega fiel á súa cita outonal, e xa van 52! Ao longo destes anos, pasaron polas súas salas os mellores directores, actores e títulos.

Durante 11 días, Dark emitirá, a partir das 19:15 h, películas emblemáticas que participaron no festival ao longo dos seus máis de 50 anos de historia. Só imos dicirche que o primeiro título do especial é 'Bahía de sangre', dirixida por un mestre do gore como Mario Brava, e que o último conta a historia de tres amigos que tentando localizar a un xenio informático, chegan a unha zona illada, establecen contacto e, de súpeto, todo se escurece. 'La Señal' é o título.

'Jorrible Jueves', o terror xaponés non defrauda

Pero outubro dá para moito máis que Sitges en Dark. Para empezar, os teus xoves xa non serán o mesmo. O especial 'Jorrible Jueves' lévanos a Xapón. Dende o país nipón chegáronnos algúns dos títulos máis emblemáticos do xénero. Quen non lembra 'El grito'? Os xaponeses construíron un universo propio de medo, angustia e morte.

En Dark podes ver este mes de outubro títulos como 'Dark Wáter', 'La maldición' e, como traca final, a serie 'The Complex'. O protagonista é un mozo chamado Minoru que se ve envolto nunha serie de misteriosos fenómenos paranormais e terroríficos. Poida que a historia che soe a algo…. Trátase dun spin off da película homónima do director Hideo Nakata, o que nos fixo tremer a todos con 'The Ring: El círculo', fai xa máis de 20 anos.

Terror e comedia, unha combinación gañadora

Pero se algo nos demostrou o cine de terror é que humor e medo combinan moi ben, polo menos na pantalla. Así que Dark propúxose que as noites dos venres de outubro pases de gargalladas a berros nunha mesma escena.

Imaxinas espertar tras unha noite de festa e atoparte no medio dunha apocalipse zombie? Isto ocórrelle a Deb en 'Deb contra los zombis'. Tamén podes tomar nota da terapia dun escravo de deusas celtas ao estilo arxentino en 'El muerto cuenta su historia'.

Que non falte o terror adolescente

Tampouco podía faltar en outubro en Dark o slasher, ese subxénero do terror no que os crimes brutais de adolescentes invaden a pantalla.

Dark dedica os sábados ao seu 'Despedacito', con títulos como 'San Valentín sangriento' ou 'La matanza de Texas: el origen', secuela dun dos títulos máis coñecidos do xénero. Tobe Hooper converteu en 1974 unha cinta de baixo orzamento, 'La matanza de Texas', en todo un bombazo. Por certo, a película estaba inspirada en crimes reais.

Dark, en aberto en outubro

Como ves, tomámonos moi en serio entrenarte para esa inminente nova edición do Festival de Sitges que está ao caer. E nada mellor que Dark en aberto para todos os clientes en outubro para que a nosa televisión R respire 100 % terror. Prepárate para tremer!

E se queres seguir desfrutando de Dark a partir de novembro contrata a opción cine da televisión R e desfruta do cine de todos os xéneros.