R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/02/2018 | News release | Distributed by Public on 07/02/2018 06:51

Móbiles de R: os choios de xullo

En xullo temos estes choios no catálogo de móbiles de Rpara que cambies de teléfono a moi bo prezo. Leva o Huawei P20 por 23€ dentro da gama alta, o Huawei Mate 10 Lite por 12€ e o Huawei P Smart por 9€, na gama media, ou o Huawei Y6 2018 por 6€, no segmento de entrada. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Huawei P20

As tres cámaras do Huawei P20 farán que te convertas nun profesional da fotografía sen esforzos. As dúas primarias de 12MPX F1.7 OIS + 20MPX e apertura F1,7 con óptica Leica, sumadas á secundaria de 24MPX F2.0, que tamén grava vídeo a 1080p, supoñen un dispositivo lixeiro para tomar fotografías de exquisita calidade. Huawei complementa este terminal cunha pantalla de 5,84″ e 16 millóns de cores. Ademais, o procesador octa-core Kirin 970 co Android 8.0 e 4GB de RAM fan del un dispositivo ultra rápido. Por outra banda, os 64GB (32 libres) de memoria interna e a batería de carga rápida de 3.324 mAh propician a mellor experiencia. É teu en cor azul por 23€ durante 24 meses. + info

Huawei Mate 10 Lite

Quedarás atrapado polo Huawei Mate 10 Lite nada máis ver a súa alucinante pantalla de 5,99″ con 16 millóns de cores. O seu deseño elegante, con corpo metálico e bordos redondeados serán a envexa dos teus amigos e familiares, que alucinarán cando lles contes que tes catro cámaras (dúas frontais de 13MPX+2MPX e dúas traseiras de 16MP+2MPX). Combinadas danche unha extraordinaria calidade de imaxe e desenfocados profesionais. Serás o máis rápido grazas ao seu procesador Kirin de oito núcleos que pode acelerar ata os 2,36GHz. Terás ademais 4GB de RAM e 64GB de memoria (45GB libres). Por último, a súa batería de 3.340 mAh e o seu Android 7.0 ofreceranche todo o que necesitas nun terminal pensado para darcho todo e máis. Témolo en cor negra por 12€ durante 24 meses. + info

Huawei P Smart

Se es dos que busca un móbil coas mellores características a un prezo moi competitivo, o Huawei P Smart está feito para ti. A súa pantalla de 5,65″ collerá perfectamente na túa man, con cores realistas e un deseño incrible. Poderás executar dúas apps ao tempo con só tocar un botón, como ver unha película mentres recibes un correo. A cámara dual de 13MPX + 2MPX ofrecerache imaxes de alta calidade e a cámara frontal de 8MPX permitirache facer selfies en grupo. Poderás darlle a caña que queiras co seu procesador Kirin 659 16nm octa-core, os 3GB de RAM e os 32GB de memoria (18GB libres). Desfruta ademais das vantaxes de Android Oreo e non teñas medo de quedar sen batería, grazas aos seus 3000 mAh. Lévao en cor negra por 9€ durante 24 cotas. + info

Huawei Y6 2018

Música, fotografía, xogos, filtros personalizados, capturas con tres dedos e moito máis é o que che ofrece o Huawei Y6 2018. Como o amor entra polos ollos, descubrirás nada máis velo o seu elegante deseño de pantalla 2,5D. Un terminal lixeiro de 5,7″ que pega con todo e co teu ritmo. Se che gusta a música, nada mellor que este móbil capaz de producir 88 dB ao máximo, mantendo o matiz nas cancións. Selfies sempre perfectos coa súa cámara de 5MPX con flash, o complemento ideal da súa cámara principal de 13MPX. Ademais, as dúas cámaras admiten filtros incorporados con realidade aumentada para mellorar as túas fotos. Contas ademais con desbloqueo facial e por pegada dactilar, procesador quad-core 1,4 GHz Cortex-A53, 2GB de RAM, 16GB de memoria (8 libres) e batería de 3000 mAh. Témolo en cor negra por 6€ durante 24 meses. + info

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!