R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/04/2018 | News release | Distributed by Public on 10/04/2018 03:19

Nova mellora no deco 4K de R: continuar vendo

Ola. Como sabes, o noso deco 4K ten moitas funcionalidades e servizos: rebobina, gravador na nube, pausa do directo, guía electrónica de programación en formato grella, información dos programas 'en vivo'… Ademais, grazas a internet e ao seu sistema operativo Android TV, podes descargar aplicacións, ver vídeos en Youtube, xogar na tele e moito máis.

Todo iso non vai acabar aí, porque non deixamos de traballar para mellorar o servizo e ofrecerche cousas que nos pides Por ese motivo agora imos lanzar a funcionalidade 'continuar vendo'.

As túas series, onde as deixaches

A todos nos pasou iso de estar a ver varias series e, ao día seguinte, non acordarnos de se estabamos a ver o capítulo 5 da tempada 3 ou o capítulo 6 da tempada 2. Os máis organizados seguro que levan unha lista co que viron. Pero para o resto dos mortais, agora non vai ser necesario.

Na portada de rebobina vas ter xa un acceso directo aos últimos contidos que estiveches a ver. Calquera película, documental, serie ou programa que reproduciras en rebobina vai aparecer aí, porque pensamos que é moi probable que o queiras seguir vendo.

Outra opción para acceder a estes contidos é desde o botón 'a miña tv'. Entras nun menú cos contidos que gravaches e tamén tes a sección 'continuar vendo'.

Con só pulsar OK

Así que só tes que ir ao contido, pulsar OK no mando do deco 4K e o servizo xa che pregunta se queres continuar vendo o evento dende o punto no que o deixaches a última vez. No caso de que confirmes que 'si', xa che reproduce o que tes pendente.

Ademais, se entras no cartafol dun programa con varios capítulos, dunha ollada xa podes saber que levas visto e ata que punto. Debaixo do título de cada episodio aparecerá unha barra de progreso, vendo o lugar onde quedaches.

Ten en conta que, en ocasións, ao final dunha serie igual hai publicidade e por iso queda algo pendente na barra de progreso, pero o contido xa o viches. Para evitalo podes avanzar o capítulo co botón das dúas frechas cara adiante, premendo ata chegar ao final do contido.

Dende xa

Seguro que te estás a preguntar cando imos ter lista esta funcionalidade tan práctica. Pois non vas tardar en gozala.

Estamos a actualizar a versión do deco 4K co que, se aínda non a tes, non tardarás en desfrutar desta opción.

Esperamos que che guste esta novidade, con calquera dúbida, quedamos á túa disposición.

Un saúdo.