R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

11/29/2017 | News release | Distributed by Public on 11/29/2017 09:28

As series que non podes deixar pasar en decembro

Sabemos que che gustan as series. E por iso preparamos un pequeno resumo das series máis destacadas que chegan, ou volven, ás canles da tele de R en decembro.

'The Flash'

O mes comeza co retorno duns dos nosos súper heroes favoritos. TNT (dial 22) estrea a cuarta tempada de 'The Flash' o venres 1 de decembro ás 21:35 h. Nos novos episodios, o heroe de Central City terá que facer fronte a un novo inimigo: o Pensador, un vilán con poderes mentais.

'The Orville'

Tamén o venres 1, FOX (dial 20) estrea ' The Orville', a nova comedia de ciencia ficción do creador de 'Padre de familia' e 'Ted', que homenaxea con moito humor a mítica ' Star Trek'. Ambientada nun futuro afastado, dentro duns 400 anos, Ed Mercer lidera unha tripulación moi especial composta por humanos e alieníxenas. A cita é ás 22:20 h.

'Vikingos'

Amor, odio, traizón, vinganza, lealdade, ira, desexo… Se hai unha serie que conxuga de forma maxistral todos estes elementos é 'Vikingos'. Na quinta tempada, as consecuencias da morte de Ragnar non fixeron máis que empezar e o conflito entre pobos irmáns está a piques de estoupar. 'Vikingos' volve a TNT (dial 22) o mércores 6 ás 22:30 h.

'Acceptable Risk'

Sundance (dial 9) estrea o mércores 13, ás 22:30 h, a serie irlandesa 'Acceptable Risk', un thriller no que Sarah descobre unha poderosa conspiración de intereses corporativos, policiais e políticos tras a morte do seu marido.

'Chicago Fire'

A acción de 'Chicago Fire' volve a AXN (dial 21) o venres 15 de decembro, ás 20:10 h, coa estrea da terceira tempada desta serie protagonizada por un grupo de bombeiros, rescatistas e paramédicos de Chicago. Na nova entrega, Boden e o resto do equipo de Firehouse 51 lidan coas secuelas da explosión coa que finalizou a anterior entrega.

E lembra que tamén podes desfrutalas en rebobina