R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

03/17/2017 | News release | Distributed by Public on 03/17/2017 04:22

Leva un pack relax grazas a COSMO e a ‘Mamá Contra Corriente’

COSMO (dial 25) estrea a comedia 'Mamá Contra Corriente' o xoves 16 de marzo ás 22:00 h.

'Mamá Contra Corriente' é unha serie refrescante e divertida baseada na novela 'Momzillas', escrita por Jill Kargman, quen tamén protagoniza a ficción.

A serie céntrase na propia Jill, que interpreta a unha versión satírica de si mesma. Jill Weber é unha muller cun gran sentido do humor e aparentemente cunha vida perfecta. Está felizmente casada, ten tres fillos marabillosos e vive no Upper East Side de Nova York. Que máis pode pedir?

Humor

Máis non todo é perfecto: ás veces sente que non termina de encaixar no seu estiloso barrio e hai momentos nos que desexaría volver á súa antiga vida rodeada de xente normal e na que non sempre tiña que ser politicamente correcta.

Aínda por riba, a familia do seu marido, os distinguidos Von Weber, non a aceptan tal e como é e tratan constantemente de cambiala mediante tratamentos de spa, vestidos glamurosos e pintauñas de cor rosa. Por sorte, Jill conta co apoio da súa mellor amiga, Vanessa (KK Glick), quen aínda non foi abducida polo exército de mulleres que habitan o Upper East Side e que só parecen ter tempo para tratamentos de beleza, murmuracións e a organización de eventos benéficos sen sentido algún.

Atrapada nunha vida na que o seu sentido do humor non é visto con bos ollos, Jill tratará de buscar o lado divertido en cada situación e compartilo coa súa mellor amiga, á vez que fai malabares para formar parte deste novo ambiente. Esforzarase por manterse fiel a si mesma mentres trata de encaixar na súa nova vida. Poderá conservar a súa personalidade e á vez adaptarse á súa nova contorna ou acabará sendo unha copia exacta da súa cuñada e as súas amigas?

Concurso

Se queres desfrutar dun pack relax grazas a Mamá contra corriente, non deixes de participar neste concurso cortesía de COSMO.

Regalamos catro packs entre os que escriban a [email protected] co asunto 'Mamá contra corriente', indicando 'Que é o máis divertido de ser nai ou pai?'. Lembra poñer no correo o nome, apelidos e DNI do titular do servizo en R.

Tes de prazo ata o 27 de marzo ás 8.00h. Bases legais.