Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

05/23/2017 | News release | Distributed by Public on 05/23/2017 01:11

Chama e navega gratis dentro da UE dende o 15 de xuño con móbilR

Ola. Queremos comunicarche unha noticia moi positiva, porque dende o 15 de xuño deste ano, cada vez que viaxes a un país da Unión Europea, non vas ter que pagar máis por usar o teu móbilR. Vamos, que desaparece o roaming. É ou non algo bo?

A Comisión Europea leva tempo traballando neste tema. Grazas a iso, os últimos anos baixaron significativamente as tarifas en roaming. E agora, por fin, poderemos movernos por outros países da nosa contorna sen levar sustos na factura do móbil.

Chamadas e datos

Para que o teñas claro: se es un fan de Eurovisión e decides ir desfrutar da gala o próximo ano, poderás enviar whatsapps, subir fotos a Instagram ou chamar á túa casa como se estiveses en España. É dicir, a túa tarifa de móbilRtería o mesmo prezo que aquí, non terías que pagar nada a maiores.

E se te chaman a ti, como ata o de agora, farano como se estiveses aquí. Na factura non se vai notar a diferenza.

Países

Para que non haxa dúbidas de en que países podes usar o teu móbilRcomo na casa, aquí tes o listado dos 28 países membros da UE :

  • Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia (illas de Reunión e Guadalupe incluídas), Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda (Eire), Italia/Vaticano, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Polonia, Portugal (Azores/Madeira incluídos), Reino Unido (non se inclúen as illas de Man, Bailía de Jersey e Bailía de Guernsey), República Checa, Romanía e Suecia.

Ademais destes, entrarían tres países da Asociación Europea de Libre Comercio:

  • Liechtenstein, Islandia e Noruega.

E en móbilRtamén engadimos estas zonas sen custo de roaming:

A ter en conta

Hai que diferenciar o uso do móbil en roaming do que son as chamadas internacionais. Ollo, isto é moi importante, porque se eu chamo dende o meu móbilRa un número francés en España, iso é unha chamada internacional, co cal terá o mesmo custo que ata o de agora.

Pero se eu estou en Francia e chamo a España, ao estar en roaming (conectado noutro país á antena doutro operador), non pago nada fóra do que inclúe a miña tarifa. E se estou en Francia e chamo a un número francés, iso ten custo? Non. E e se estou en Francia e chamo a un número italiano, pago algo? Tampouco.

Todo o que sexa en roaming dentro da UE, como dicimos, non ten custos extra fóra da túa tarifa.

Esta eliminación do roaming establece sempre o mellor escenario para o cliente. Así que estando noutro país da Unión Europea podes chamar a hoteis, taxis ou amigos que vas visitar sen levar ningún susto. Hai, iso si, unha política de uso razoable, que podes consultar aquí.

15 de xuño

Lembra que esta mellora se aplica en breve, dende o 15 de xuño, polo que é importante que a teñas en conta.

En Galicia é algo que imos agradecer moito, tendo en conta que Portugal está aí ao lado, pegadiño. Esa fronteira física para chamar vai desaparecer e xa non teremos escusa para non avisar a familia de que a viaxe foi ben

De novo, se tes calquera dúbida, andamos por aquí.

Un saúdo!