Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/15/2019 | News release | Distributed by Public on 04/15/2019 03:56

Especial Play-Doc TV: o mellor cine, en rebobina

Play-Doc TV e Rqueren achegar aos seus clientes de televisión R ese cine de calidade que está afastado dos circuítos convencionais. En abril, tes dispoñible gratis en rebobina un especial cunha ampla selección de títulos.

Vimos de distribuír os contidos de Play-Doc TV en tres grandes bloques: o noso cine, con títulos de algúns dos realizadores máis interesantes do actual panorama cinematográfico de Galicia, Asturias e País Vasco; música e ciclos especiais.

O noso cine

Este bloque de programación é, para nós, o máis importante. Compoñerase de cine realizado nas comunidades de Galicia, País Vasco e Asturias. Non só se presentarán obras de realizadores das devanditas comunidades, senón tamén películas con temáticas relacionadas con estes territorios. A idea é dar a coñecer o cine máis próximo, tanto de realizadores novos como de cineastas consagrados, así como da cultura que nos é máis próxima.

Algúns dos títulos que poderemos ver, chegados dende Galicia, son: 'Mimosas' e 'Todos sois capitanes', de Oliver Laxe; 'La estrella errante', de Alberto Gracia; 'Angelica (Una tragedia)', de M. Fernández-Valdés; 'Frankestein 04155', de Antón Rei; 'Arraianos', de Eloy Enciso; ou 'Os días afogados', de Cesar Souto y Luis Avilés.

O cine do País Vasco tráenos títulos como El último verano', de Leire Apellaniz; 'Sîpo Phantasma', de Koldo Almandoz; 'Gure Hormek', de Maider Fernández y María Elorza; 'Bertsolari', de Asier Altuna; 'Asier y yo', de Aitor Merino; 'Distantziak', de Aitor Gametxo, Jesús María Palacio, Cristina Ezquerra e Maddi Barber; e 'Un otoño sin Berlín', de Lara Izaguirre.

E de Asturias chégannos os seguintes films: 'Rodrigo Cuevas: Campo y Tablas', de M. García Postigo; 'El equipo de mi barrio', de Rafa de los Arcos; 'En modo silencio', de Teresa Marcos; 'La sele construcción de la memoria', de Pablo casanueva; 'Vida vaquera', de Ramón Lluís Bande; 'Sunken Plum', de Roberto F. Canuto e Xu Xiaoxi; 'Palabras cruzadas', de Mar Moreno; e '¡No jungle!, de Carmen Menendez.

Let the music play

Outro bloque temático de Play- Doc TV é a música. Como o seu propio nome indica, conta con documentais de música ou películas nas que a música é protagonista.

A icona francesa Serge Gainsbourg é a protagonista de 'Gainsbourg (Vida de un héroe)'. 'When yo are a strange' é o primeiro documental sobre o grupo musical The Doors. Sobres as orixes e a verdadeira influencia global do músico xamaicano fálanos 'Marley'. 'Control' analiza a tumultuosa vida do cantante de Joy Division: Ian Curtis. 'I'm still here' é o sorprendente relato dun ano difícil na vida do actor Joaquin Phoenix. 'Joe Strummer Vida y muerte de un cantante' é unha biografía de Joe Strummer, antes, durante e despois de estar á fronte da mítica banda británica The Clash.

Ciclos especiais e grandes directores

Ademais, Play-Doc TV conta cun espazo reservado a grandes nomes da cinematografía mundial, con ciclos especiais que inclúen algúns dos títulos máis destacados das súas filmografías.

Para empezar, Play-Doc TV conta no seu catálogo con catro títulos indispensables de John Cassavetes, un dos máximos referentes do cine independente norteamericano: 'Shadows', 'Faces', 'Una mujer bajo la influencia' e 'Opening Night'.

O teu festival de cine, na casa, 365 días ao ano. Na televisión R, con Play-Doc TV.