R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/02/2017 | News release | Distributed by Public on 10/02/2017 09:05

Regalamos 13 entradas dobres para o Obradoiro – Juventut

Volve a intesidade, a rapidez, os saltos e as xogadas imposibles dunha das mellores ligas de baloncesto a nivel mundial, a liga Endesa de Baloncesto (ACB).

E volve tamén un equipo galego, o Monbus Obradoiro a facernos desfrutar un ano máis da elite do básket nacional.

O mellor baloncesto

Dende Santiago de Compostela poderemos gozar dalgúns dos grandes encontros, con xogadores moi coñecidos.

Como en Rnos gusta coidar a clientes como ti e ter detalles para premiar a túa confianza, queremos que vivas en directo os partidos do Obradoiro. Por ese motivo regalamos 13 entradas dobres (oito delas nun palco VIP, a pé de pista, e outras cinco na grada) para gozar o sábado 7 de outubro, ás 20.00h, do encontro contra o Divina Seguros Juventut.

Participación

Participar é moi sinxelo. Só tes que enviar un correo a [email protected] indicándonos os datos do titular do contrato con R e responder á seguinte pregunta 'Por que ten que ser para ti a entrada?', co asunto 'Obradoiro - Juventut'. Bases legais.