Universidade de Santiago de Compostela

03/17/2017 | News release | Distributed by Public on 03/17/2017 06:52

O vicerreitor Luis Lima incorpórase ao comité executivo da comisión sectorial da CRUE para asuntos académico

O vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador, Luis Lima, acaba de ser designado como vogal do comité executivo da comisión sectorial de Asuntos Académicos da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE).

A Comisión Sectorial Crue-Asuntos Académicos coordina as actividades académicas das universidades españolas e fórmana os máximos representantes con competencias neste ámbito. ​​Entre as súas actividades atópanse o estudo, debate e elaboración de propostas no ámbito da política universitaria en todo o relativo á ordenación académica, profesorado e calidade no sistema universitario español.

Conformada por 76 universidades, 50 públicas e 26 privadas, CRUE Universidades Españolas é o principal interlocutor das universidades co goberno central e desempeña un papel clave en todos os desenvolvementos normativos que afectan á educación superior en España.