R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

06/29/2017 | News release | Distributed by Public on 06/29/2017 01:06

COSMO e ‘Harlots: Cortesanas’ sortean unha cámara Nikon Coolpix B500

COSMO (dial 25) estrea o domingo 9 de xullo, ás 22:15 h, a serie 'Harlots: Cortesanas'. É un drama de 8 episodios ambientado no Londres do século XVIII que aborda, dende unha nova perspectiva, unha das profesións máis antigas do mundo: a prostitución.

Os seus protagonistas son Margaret Wells (Samantha Morton), a propietaria dun bordel que loita con uñas e dentes por sacar adiante ás súas fillas: Charlotte (Jessica Brown Findlay), unha glamurosa cortesá que busca a súa independencia, e Lucy (Eloise Smyth), a menor das dúas e cuxa virxindade se vende ao mellor ofertante nunha cidade e nunha época nas que a prostitución non era legal, pero si era unha maneira de sobrevivir.

As Wells rivalizan con outro bordel do Soho dirixido por Lydia Quigley (Lesley Manville), que ofrece aos seus clientes os mesmos servizos pero con máis refinamento.

A dimensión feminina da serie

Ademais de ser unha espectacular serie de época cunha fotografía impecable, unha das claves da serie é que está escrita, dirixida e producida por mulleres. As mulleres de 'Harlots: CortesanaS' non son intencionadamente glamurosas nin eróticas, non se busca esa finalidade.

O guión está inspirado nas historias de mulleres reais recollidas nun escrito que se publicou no Londres daquela época: 'Harris's List of Covent Garden 2 Ladies'. Era unha lista de nomes, características e calidades das prostitutas de entón.

A serie aborda desde unha perspectiva orixinal e única a forma que tiñan aquelas mulleres de atopar a súa independencia nunha época na que os homes tiñan o control absoluto de todo.


Sorteo

E con motivo da súa estrea Cosmo (dial 25) sortea entre todos os clientes de Runha cámara Nikon Coolpix B500, para participar só é necesario ser cliente de Re inscribirte na nosaweb de clientes (1). Bule que o prazo termina o día da estrea de 'Harlots: Cortesanas', o 9 de xullo ás 23:59 horas.

Bases legais

Sorte!