R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

05/25/2017 | News release | Distributed by Public on 05/25/2017 10:26

COSMO estrea a comedia ‘Great News’ y regala tres packs relax

Que farías se a túa nai conseguise unha bolsa na mesma empresa na que traballas? Levarse ben cos colegas pode ser duro, pero traballar coa túa nai… É outra historia! COSMO (dial 25) estrea 'Great News'o xoves 1 de xuño ás 22:15 h.

A vida profesional de Katie, unha xornalista dun programa de noticias, dá un xiro inesperado cando a súa nai Carol empeza a traballar como bolseira na súa oficina. Ao principio, Katie consólase pensando que ningún bolseiro durou na empresa máis de dúas semanas xa que Chuck, o presentador estrela da cadea, nunca parece estar contento con ninguén. Con todo, Carol resulta ser exactamente o que o presentador estaba a buscar: alguén da súa mesma xeración.

Creando 'Great News'

Tracey Wigfield, produtora de 'The Mindy Project', recoñece que a serie está inspirada na relación que ela mesma mantén coa súa nai, así como que o personaxe de Carol está tamén baseado na súa proxenitora.

Nicole Richie, copresentadora na serie, foi outra elección na que estiveron de acordo as dúas creadoras de 'Great News'. Nicole sempre foi obxecto da atención dos medios, pero nesta comedia ela é xornalista e encárgase de presentar as noticias e non sempre o fai ao gusto dos seus compañeiros.

A primeira tempada desta comedia creada por Tracey Wigfield e coproducida con Tina Fey consta de 10 capítulos. A serie xa foi renovada para unha segunda tempada.

Concurso

Ademais de relaxarte vendo una gran serie, pódelo facer xunto á persoa que queiras grazas a unha das tres packs relax que regala COSMO entre os clientes de R. Participar é moi sinxelo: só tes que enviarnos un correo a quecheparece[email protected] co asunto 'Great News' respondendo a esta pregunta: Que farías se a túa nai conseguira unha bolsa na mesma empresa na que traballs?.

Indícanos tamén o nombre, apelidos e DNI do titular do servizo en R. O concurso finaliza o 2 de xuño. Bases legais.