Ayuntamiento de Ourense

06/30/2017 | News release | Distributed by Public on 06/30/2017 02:26

Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Infantil-Xuvenil organizado por Xuventude e Asuntos Sociais

A Concellería de Xuventude e a Concellería de Asuntos Socias organiza conxuntamente un Campamento de Verán Infantil-Xuvenil para 50 nenos/as (30 plazas para Asuntos Sociais e 20 para Xuventude).

Esta actividade, englobada na campaña de ocio e tempo libre da Concellería, esta destinada a menores de entre 9 e 14 anos de idade.

O Campamento que se desenvolverá na semana do 28 de agosto ao 1 de setembro, está diseñado para disfrutar do tempo libre a través de actividades creativas e de naturaleza. Se desarrollará actividades diarias de carácter lúdico e formativo na que a comunicación as habilidades sociais e as relacións entre iguais a través do xogo, o teatro e a interacción coa natureza serán os elementos que favorezcan a diversión, a convivencia e a cooperación.

  • Xogos de presentación,cooperativos: xogos nos que a rapazada coñecera dunha forma lúdica os súas compañeiras/os.
  • Piscina de Oira: Pequena ruta cara Oira e disfrute das piscinas
  • AquaPark: Excursión o parque aquático de Cerceda onde a rapazada pasara o día disfrutando das distintas piscinas, tobogáns, etc.
  • Excursión a praia: Día na praia onde disfrutaran de xogos,construcións de area,carreiras de relevos na area e no mar, etc.
  • Castrelo de Miño: disfrutarn do entorno do embalse con diferentes xogos deportivos, xincanas, etc. e disfrutaran da piscina de Castrelo de Miño, durmiran no albergue e disfrutraran no xogo nocturno da noite. O venres disfrutaran do embalse a través de diferentes actividades de auga, kaiak, vela, pedaleta, etc

A Concellería de Xuventude dende o luns 3 de xullo as 09:00 horas abrirá o prazo para presentar as solicitudes para optar a unha das 20 prazas para nenos/as e adolescentes do Campamento de Verán 2017..

As Inscricións e a documentación requerida para participar, se facilitará na Concellería de Xuventude sita na Praza de San Martiño no 2 baixo -dereita. Teléfono 988 388154.

Unha vez cuberta se presentará por Rexistro Xeral do Concello de Ourense en horario de 09:00 horas a 14:00 horas da mañá.

CONCELLERÍA DE XUVENTUDE

Praza de San Martiño no 2 baixo

32005 - Ourense

Tel. 988388154

SELECCIÓN DOS 30 NENOS/AS PARTICIPANTES NO CAMPAMENTO

En relación á selección de nenos/as que participarán no Campamento de Verán, desde o Servizo de Asuntos Sociais, procederase dun modo similar ao de anos anteriores.

Os beneficiarios son nenos procedentes de familias coas que se intervén de forma máis ou menos continuada ao longo do ano, desde as UNIS correspondentes. No seu maior caso teñen un Programa de Educación e Apoio Familiar aberto no momento actual supoñendo o Campamento de Verán un recurso de Lecer e Tempo Libre no cal poidan participar activamente e gozar dunha experiencia enriquecedora.

Son a Educadoras de cada UNIS quen se pon en contacto coas familias que consideran cumpren o perfil idóneo en canto a idade e criterios de maior necesidade. Realízase un pequeno informe de cada un deles ao cal se achega unha serie de documentación básica (folla de inscrición, documento acreditativos de identidade, Informe médico...)

Algunhas das prazas son ocupadas por nenos do Centro de Menores A Carballeira, dos cales os técnicos responsables achégannos a información necesaria.

Documentación anexa