Ayuntamiento de A Coruña

10/31/2018 | News release | Distributed by Public on 10/31/2018 07:00

O Punto Limpo Móbil achegarase a nove barrios da cidade durante o mes de novembro

A Concellería de Medio Ambiente informa de que o Punto Limpo Móbil visitará no mes de novembro nove localizacións distintas da cidade. O servizo comezará o seu percorrido os días 2 e 3 de novembro no Campo de Marte, no barrio de Monte Alto. De cara a semana seguinte, dos días 6 ao 8 situarase na rúa Capitán Juan Varela, ao carón da Audiencia Provincial, mentres que os días 9 e 10 estará na praza das Conchiñas. De seguido, entre os días 13 e 15, o Punto Limpo trasladarase até o Castrillón, na praza Pablo Iglesias, e os días 16 e 17 achegarase á Gaiteira, á altura do número 31 da zona peonil. Xa na seguinte semana, entre o 20 e o 22 d de novembro, o servizo da área de Medio Ambiente atoparase en Monelos, fronte aos Novos Ministerios, e os días 23 e 24 estará nos Castros, á altura dos números 25-33 da avenida da Pasaxe. Finalmente, os días 27 e 28 estará dispoñible en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark, mentres que os días 29 e 30 a veciñanza poderá depositar os seus residuos os días 29 e 30 en Lonzas, no parque infantil da avenida de Cádiz.

En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.