Ayuntamiento de Ourense

08/19/2020 | News release | Distributed by Public on 08/19/2020 03:39

Xogos acuáticos para os nenos, hoxe mércores na Ponte (centro cívico)

Logo da mellora das previsións climatolóxicas, a actividade de xogos acuáticos para a rapazada 'Móllate co Comercio', estará hoxe, mércores, 19 de agosto, no barrio da Ponte, xunto ao centro cívico, na rúa de Eulogio Gómez Franqueira, número 43. Nenas e nenos poderán gozar desta actividade, organizada pola Concellería de Comercio, que percorre de forma itinerante os barrios da cidade coa finalidade de achegar unha proposta de lecer para a rapazada durante o verán, á vez que apoiar o comercio local. 'Móllate co Comercio' adianta hoxe o seu horario ás 17:15 horas. A entrada é gratuíta e o aforo limitado.